Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 08 de marzo de 2017
A romana xustiza

Cando pensas que o aloumiño dun verso borda todo o poema? Os pensamentos non sempre riman coa nostalxia dos anos infinitos, dos anos que non acababan nunca, pero que pasaban coma un lóstrego. Ás veces as ironías da vida dan reviravoltas coma os monicreques. Adoitamos bailar para non quedarnos quietos. E os que non sabemos facelo, caemos. Ou tropezamos. Menos mal que a vida sempre tirou para adiante. Pobre daquel que lle fora para atrás! E hainos! Cando pensas que a báscula dun sentimento se inclina para un lado ou para o outro? Pingas de orballoPensamos que as romanas marcan a imparcialidade da xustiza, pero, ai!, case sempre se ladean para un lado. Para o puto mesmo lado! Ás veces a neutralidade nas decisións xustas é unha auténtica quimera. Ás veces, non... a maioría das veces! E non obstante, volvemos enfociñar contra a mesma pedra. Para que non digan que somos parvos! Cando pensas que o poema remata nun sentimento? De que valen os sentimentos!

Doce menos algo da noite

Doce menos vinte da noite. Unha estrela quere ensinar as súas puntas, pero unha nube negra interponse e dille que se largue para outra feira. A lúa vella, que está a velas vir, sorrí e chíscalle un ollo ó molgués que escribe. Hai cousas no ceo que non semellan deste firmamento. Agora cada quen que entenda o que lle pareza. Doce menos cuarto da noite. Ella Fitzgerald dille a Louis Armstrong que xa está ben de tanto actuar xuntos. Que iso eran outros tempos. Que agora xa vai sendo hora de que cada un actúe por outros universos. Hai artistas que che son ben raros. Non son as doce menos dez porque aínda só pasaron dous minutos das menos cuarto. Así é que a outra leira, molgués. A que un moucho pousou fronte a miña casa e mírame coma se non me mirara. Pero eu ben sei que me ve. É bonito de carallo! Hai paxaros noitébregos que che asubían un vals para que e e máis eu quedemos contentos. Quedamos.

A base de...

Donald Trump incrementou o presuposto de Defensa. Vai atacar! Vai atacar! Aumentouno de tal maneira que non lle quedou outra que sacar doutras partidas, doutras áreas da Administraciónm. Porque xa se sabe que neste mundo mundial o que contará sempre é o poder. Este acádase a base de hostias, tiros, bombas e mortes. Foi sempre así. Será sempre así. E non importa que te eduquen para asimilar que a curota, a culminación da existencia é o ser humano. Será. O que pasa é que o Pingas de orballopropio ser humano vólvese lobo e ataca. Donald Trump é un ser humano. Donald Trump xa hai tempo que se volveu lobo. A Donald Trump tócalle atacar. Seguro que ó primeiro que lle bote un chisco de fume ante o seu nariz... la cagaste, Burt Lancester! Polo de agora, empeza a armarse, e a armarse ata máis non poder! Vai ser que os seus exabruptos, as súas baballocadas van ir máis alá da verdade, da propia realidade. Hostias, tiros, bombas e mortes.

A ponte do muíño da luz

Desde o Muíño da Luz contemplo a ponte que cruza o río Sor ou río de Maceda. Vendo a ponte véñenseme á memoria aquelas tardes nas que, desde a escola, unhas veces, ou andando no monte coas vacas, outras, nos achegabamos para andar "á prea", é dicir, para roubar nas mazás ou peras ou membrillos ou outros froitos de don Pepe. Naqueles tempos, o que non tivese froiteiras, que se esquecese do postre; non había unha cadela para mercar nada. Así é que non quedaba outra que roubar as froitas. Inocentemente, por suposto. Outras veces iamos ás canas de bambú para facer canas de pescar. Eu crucei esa ponte máis que ninguén porque, a maiores de ter do outro lado unha poula, de cando en vez había que ir á "molinera" de Foncuberta co burro cargado coa saca de millo, á ida, e coa saca de fariña, á volta. Hoxe, que pena, o abandono do Muíño da Luz é total. Pero, na infancia, foi un lugar máis que especial.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES