Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os galegos polo mundo

lunes, 02 de abril de 2007
Fomos un pobo emigrante desde que o mundo é mundo. Tamén fomos, por fin do mundo, lugar ó que chegaron todas as invasións que viñan de Europa.

Os galegos abrímonos ó mundo, e polo Camiño de Santiago chegaron o románico, a cultura e millón de peregrinos. E polo Camiño saímos hacia Europa tamén por millóns.

O exemplo dos galegos no extranxeiro foi sempre modélico. E sen embargo en moitos lugares do mundo cargamos con negras lendas, e o concepto “galego” ten, como mínimo, significado incorrecto.

Na Real Academia española aínda figura galego como sinónimo de tonto. Noutros países de fala hispana significa persoa de baixo nivel cultural, groseiro. E os chistes de galegos son abundantes e ferintes nas Américas extremas (Na do Sur e na do Norte), e compre renovar dunha vez por todas conceptos e situacións, de maneira que se nos respecte como pobo, e non recibamos máis agresións que as que cada un de nós individualmente merezamos.

O primeiro traballo corresponde á Real Academia Española, e xa o Bng no Parlamento de Madrid se encargou de facer a súa reivindicación, que é a de todos nós.

Lembremos ó respecto aquel debuxo de Castelao onde un neno se nega a xogar con outro porque seus pais teñen diversos motivos, ó que o outro resposta que non se trata diso: Simplemente, é porque o neno é pobre.

Pois nós, como pobo, xa deixamos de ser pobres. O tempo irá, pouco a pouco, dándonos a razón. E dando cultura ós que nos xulgan mal por non coñecernos ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES