Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á BEIRA DO CAMIÑO: ¡Acaba a carreira!

sábado, 31 de marzo de 2007
A da nenez, a da adolescencia, a da xuventude, a do estudo, a da profesión, a da fe e a da coherencia, a da viaxe, a das ilusións e intereses, a da nosa vida enteira. Sempre estamos a facer carreiras. Longas ou curtas, pero carreiras. E, case sempre, empezadas e non rematadas.



Diso estamos a falar ás portas da Semana Santa 2007. Con dous temas unidos. Nos feitos e no tempo. Ámbolos dous moi relacionados. Por defecto e/ou por exceso. Velaí o primeiro: As galegas e galegos non somos ben tratados nin valorados en certas partes do mundo. Tampouco na propia casa. Seguen os tópicos e os complexos de inferioridade. E falla a nosa auto/estima. Todo isto (e moito máis) veu a destapar a queixa/denuncia dun político galego ante o menosprezo (desprezo) que, de xeito público e oficial, se segue a facer desde varios dicionarios de países suramericanos e mesmo desde Portugal.



Séculos de emigración foron quen de mudar o ruín, falso e absurdo estereotipo que lle colgaron aos pobres e maltratados galegos. E galegas.¡Outro sambenito máis! Agora, e grazas aos feitos e comportamentos dos nosos galegos espallados por todo o mundo, estamos a ser recoñecidas como persoas máis valoradas pola capacidade de traballo, fidelidade, sinxeleza, humildade, acollida e mesmo dozura. ¡Carreira rematada!



O segundo vennos dado polo lema escolleito para dar publicidade ao “plan galego de seguridade vial” (2006/10) que vai dirixida aos estudantes universitarios e di deste xeito: “¡Acaba a carreira!”, cunha simbólica bolboreta coas ás abertas. O primeiro en España que promete ser algo modélico. Iso esperamos, dado o noso tráxico historial dos últimos anos. A media do ano pasado, en Galiza, é a dun mozo morto por semana. Con menos de 25 anos. Nese ano, 52 mortos E na Semana Santa, dos 110 do País, 16 foron galegos/as. Como para botarse a tremer. .



A DGT pide iniciativas aos universitarios para acabar con esta lacra. O plan contempla 74 medidas en infraestruturas, vehículos e usuarios. Das estradas adecuadas, dos coches e dos usuarios ten de chegar a solución. Nesta Semana Santa espéranse millón e medio de desprazamentos. Os lemas non chegan. Tampouco para frear atropelos. (En Lugo, 18, no que vai de ano) As vítimas máis propicias son os vellos e os nenos. Lema, medo aos radares e a perda de puntos...poden axudarnos. ¡Pedimos prudencia e senso común!.



A ver se somos quen de reflexionar e tirar conclusións determinantes nesta Semana Santa sobre este fenómeno que prolonga a tolemia e a incoherencia humanas.



¡Felices Pascuas de Resurrección e de Vida plena para todas e para todos!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES