Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis listos cás pavías!

lunes, 06 de marzo de 2017
Liberdade de expresión. E tanta! Cada quen fala do que lle convén; sexan persoas ou sexan medios de comunicación. Por exemplo, de que Luis Enrique non renovará de adestrador polo Barcelona. Auténtico bombazo! Os medios de comunicación dálle que dálle co asunto. A liberdade de expresión tamén existe ó non expresar. Hai liberdade para non dicir hoste nin moste. Por exemplo, para que raio imos pregoar que a unha chea de fiscais os "apartaron" da circulación para que os "asuntos" de Miguel Blesa, Rodrigo Rato, Cristina, a infantiña que non sabe nada e Urdangarin, o seu home que non lle debe contar nada, e demais chupatintas que andan e que circulan polo noso país non sexan tema de conversa, non vaia ser que...? Pois non dicimos nada e distraemos á masa co tema do Luis Enrique. A liberdade de expresión é moi relativa.

Como tamén é moi relativo o asunto do famoso fair play ou xogo limpo, principalmente no fútbol. Os equipos van e veñen para amosar a solidariedade con todo o que se lles poña por diante. "Aquí, nós, somos o exemplo a seguir, e zumba e dálle". Pero despois chega, por exemplo, o Real Madrid e cando se decata de que o seu eterno rival chegou á final da Copa do Rei... quieto parado!; ese día no que se xogue a final o estadio Santiago Bernabeu vai acometer obras... non vaia ser que lle pase coma a Balaídos. Fair play. Xogo limpo. Xogo limpo. Fair lay. Aquí, neste país, somos máis listos cás pavías! Liberdade de expresión... escrita a lapis, que é moi fácil de borrar. Xogo limpo... por dicir algo e, logo, Deus dirá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania