Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida está en Internet

jueves, 29 de marzo de 2007
Para ninguén é un segredo que as audiencias na Rede están medrando a velocidades imposibles de reflectir nin na prensa escrita nin nos audiovisuais.

www.galiciadigital.com, desde hai tres anos, ven medrando en visitas arredor dun cen por cento anual. E nos últimos meses superamos o dez por cento mensual, estando na actualidade arredor das 25.000 visitas ó día. Esto, en tanto os medios tradicionais fan verdadeiros esforzos para manter as súas cotas de tirada ou audiencia.

A Rede evidénciase como o futuro de moitos medios que na actualidade manteñen as súas páxinas web como incursión controlada na Rede evitando que se convirta en competencia do medio tradicional.

O mellor exemplo de actualidade neste campo está na revista “Life” (Vida), que deixa de publicarse en papel para incorporare á Rede. Nacida en 1936, desaparecida entre 1972 e 1978, convertírase nun suplemento semanal que se entregaba con máis dun cento de periódicos norteamericanos. A costosa aventura non puido manterse e pasa a publicarse en Internet onde venderá os seus contidos fotográficos ós internautas.

A Rede está chea de vida, e cada vez máis. En Galicia imos con retraso en relación ó resto de España, e en España con relación a Europa, porque a chamada fenda dixital aínda produce división ou separación abrumadora neste novo mundo da comunicación.

Ata non hai moito tempo, Internet era o futuro. Agora, é xa presente. E quen non queira darse conta quedará arredado dun movemento imparable no que ou tomamos parte activa, ou prescindirá de nós, mortos en vida.

A vida está na Rede. E o momento de vivila é precisamente agora mesmo
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania