
Desde aquel 2014 no que o vilarego Xosé María Díaz Castro foi o protagonista das letras galegas e Pastora Veres recollía a encomenda feita por Manuel María vintecinco anos atrás de recoller esa memoria viva da parroquia dos Vilares nunha publicación, foi moito o lume que ten quentado ata este 2017.
Estreouse xa o exitoso documentario Entrar aos Vilares, rodado tamén naquel ano e que está a percorrer o país antes de acompañar a publicación que está a rematar Pas Veres, creouse o Premio Trapeira de Honra que vai pola cuarta edición, colocouse a parroquia chairega do poeta nas redes con web propia, twitter, instagram e un facebook que supera os 2000 seguidores e que se ten convertido nubha ferramenta de información e interacción de vilaregos no mundo. Criouse tamén o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica que ten realizado numerosos recitais e xornadas literarias ademáis de convocar o concurso de micropoesia «VILARIÑAS», iniciamos a organizacion dunha exposición fotográfica anual que inaugura este mesano o membro da nosa directiva, Luís de Fabete.
Recuperamos documentos importantes da nosa historia e o fondo fotográfico de José Lobeiras o «Armeiro de Berulfe» que estamos a restaurar para a sua futura publicación.
E defendemos o noso patrimonio co descubrimento e catalogación da mamoa das Carriceiras, a solicitude de restauracion dos frescos da igrexa, a mellora das instalacions da casa habanera da Conchada, os cobertizos, etc...
Organizamos andainas por lugares da parroquia, e constituimonos en asociación para dar caracter legal a este proxecto que comenza a ser un movemento exemplar no rural.
E todo esto, sen subvencións, sen apenas apoios económicos e co grande esforzo da directiva e de persoas que, cada unha da súa maneira, posibilitaron este traballo comunal, como antes, facendo protagonista á veciñanza e as súas activaidades e valores.
Cometemos erros, si, non os ten quen nada fai ou gasta as enerxías unicamente na critica fácil, pero son máis os acertos e a contribución a unha parroquia que como en todo o rural doe país, esmorece polo envellecemento da poboación, polo peche de explotacións, pola marcha da xente moza, consecuencia de políticas liquidacionistas e pouco acaídas á realidade galega.
En xeral, a acollida das iniciativas, todas exitosas, as felicitacións e agradecementos recibidos, as colaboracións altruistas e entusiastas, enchennos de orgullo e convirtense en leña para seguir mantendo o lume desta lareira.
No 2018, acadaremos xa cinco anos de traballo que tentaremos celebrar con máis traballo aínda, sumando positivamente desde esta herba pequerrechiña da Chaira da que falou Diaz Castro desde a que enchemos de perfume o mundo.