Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manolo, Ramón e Francisco, profesores

miércoles, 28 de marzo de 2007
No instituto de Monterroso veñen de impartir clase Manolo, Ramón e Francisco, profesores por un día, especialistas no tema que imparten, que seguro deixaron nos seus temporais alumnos unha pegada imborrable.

Os tres cumpren condena na prisión monterrosina por roubos cometidos para financiar a súa dependencia das drogas. Xa non consumen, e foron ó Ies de Monterroso a compartir clase con alumnas e alumnos para facelos partícipes da súa experiencia e da conclusión obtida despois de toda unha vida de problemas: Drogas, non.

Non hai mellor profesor que o que ós coñecementos teóricos xunta experiencia práctica, e poucos exemplos poden ser máis valorados que aqueles que saen do propio sufrimento, das propias caídas, da traxectoria vital do profesor.

Manolo, Ramón e Francisco foron profesores por un día para alumnas e alumnos do Ies do concello onde está enclavada a súa prisión. Monterroso, nas terras da Ulloa, é un dos concellos máis vitais do sur da provincia de Lugo, con feiras anuais das máis importantes de Galicia, e neste concello hai anos veu asentarse a prisión provincial na que se concentra de xeito especial a poboación reclusa máis nova.

¡Que cunda o exemplo, e que sirva de exemplo!. Que os reclusos que aprenderon a lección, accedan a compartila cos rapaces; e que o exemplo dos que caeron e pudieron erguerse sexa decisivo para os e as que empezan a caminar pola vida e precisan de tódalas axudas para non tropezar. Os profesores, estes tamén, son esenciais neste labor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania