Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo do Entroido

martes, 28 de febrero de 2017
O Carnaval é celebración que, a diferenza doutros costumes de carácter relixioso, foi desenvolvido polo pobo. Tradición moi antiga, a festa consiste na exaltación das carnes, críticas ós gobernantes, personalidades eclesiásticas, etc... na subversión e no relaxo na moral cristiá, consentindo costumes que na vida cotiá non serían ben vistas. Don Carnal, o gozo da carne; o tempo de diversión; a satisfacción do prohibido, represéntase como un boneco ao que se queima cando remata a festa (enterro da sardiña), co pranto e os choros das capideiras.

O carnaval non sempre estivo ben visto polas diversas autoridades. Cando do imperio romano pasouse á crenza cristiá, as máscaras foron prohibidas en todo o reino, debido a que tapaban a santa imaxe que daba o creador Pai-Deus.

Na idade Media renace o carnaval, impulsado polo pobo campesiño que tivo que soportar algunhas intromisións da nobreza, que non o aceptaba de todo.

Na dictadura do Xeneral Franco foi prohibido, xurdindo pouco a pouco como expresión da necesidade de alegría, música e liberdade.

Houbo tempos de prohibicións para a alegría do entroido; pero un lembra que, aínda con ese atranco, en Foz nunca deixou de celebrase, o que moitas veces, para obviar as ordes da autoridade, había que afinar a imaxinación e exprimir os miolos… Hoxe gózase de liberdade para expresarse, coa limitación do respecto ás persoas; pero tamén modos, modas e medios evolucionaron hacia posibles que a tecnoloxía pon moito mais doado. Daí que Foz, polo Entroido, se converta en lugar de especial atracción para centos de persoas que acuden a presenciar o espectacular desfile de música, luz e cor nun derroche de beleza, arte, humor e enxeño que deixa no espectador a pegada optimista, e de novos azos para, recuperado o a veces baixo estado anímico,seguir na inexorable loita da vida…

O Entroido na rúa tivo sempre, como compoñente característico, as coplas e propostas,en verso ou prosa, que as comparsas e grupos levaban no repertorio, en cuxas letras, no contexto festivo no que se desenvolvían, con mais ou menos arte, humor ou enxeño,poñían en solfa sucedidos da vida comunitaria; o que permitía ó pobo deixarse oir baixo un discurso e nun ton que serviron para transmitir a súa mensaxe, ideada para expresar un punto de vista, ou opinión, ante calquera feito cotián ou puntual, que reflectía as inquedanzas, o sentido do humor e o sarcasmo das xentes, referidas a feitos esporádicos, ou que se viñan producindo longo do tempo.

A éstas pertence comunicado que en 1999 espallou entre a concurrencia, un grupo no desfile daquel ano coa “Utopía Carnavaleira”que decía: “¡Focense, vota!¡Hai que reconverter a flota!. En audaz operación, a Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación acordou adoptar as seguintes medidas,para reconverter o sector pesqueiro de Foz:

1º. Cunha redución do 3000 % sobor da inversión prevista para o “Porto da Verde” vai facerse un “dique” dende o Prado de Ramos ata a Punta do Castro en Barreiros, acadando así o secado definitivo da Ría de Foz.

2º. Nesta, que pasará a chamarse “Pastos da Verde”, implantarase a cría e engorde de gado vacún selecto. A dársena será adecuada como “Zona de estabulación libre”.

3ª. Mediante un sistema hidráulico de “flejes” (en estudio) as embarcacións serán dotadas de rodas quedando adaptadas para traballos agrícolas.

4ª. O portiño de Tupide quedará como “Zona de investigación”, servindo os pantaláns como observatorios do “Patio de Monta”.

5º. Recuperaranse as instalacións portuarias para o sector tutístico, creando un “gran complexo de Disco-Restaurante-Sala de Festas-Putiferio-Bar” que, amais dos turistas, poderá ser visitado polos nosos políticos, “pois ben é sabido a súa afición ás larpeiradas”, di o comunicado. Tras dúas décadas destas proclamas segue a espera, sen visos de realizarse. É sabido que, nesta paraxe é inviable a navegación o que, sen o porto exterior, históricamente demandado, e negado sempre por os políticos de toda índole, obriga a esquecer toda actividade náutica. O pobo, no intento de salvar a mais remota esperanza, instálase na utopía, aínda que só sexa polo Carnaval…

Suso Fernández é Cronista Oficial e Fillo Predilecto de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES