Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rompendo estereotipos

jueves, 02 de marzo de 2017
Se os meus avós –que naceron na segunda metade do século XIX- poideran ver a vida que leva a súa neta, seguramente botarían as mans á cabeza.

¡O ABRAIO SERÍA MAIÚSCULO!

E conste que a miña vida é a máis normal dunha muller da miña idade. Normal e corriente.

É probable que moitas das persoasque naceron na primeira metade do século XX, poderían dicir outro tanto con relación ós seus devanceiros.

¡SE OS NOSOS AVÓS ERGUERAN A CABEZA..!

Nos últimos tempos déronse cambios moi grandes.

Para os que peiteamos canas: os cambios saltan á vista.

Non estaría de máis que de vez en cando lle explicáramos á rapacería que o benestar actual houbo que súdalo.
E que hai que seguir loitando duro para mellorar cada día máis.

ESTO QUE HOXE SE FIXO REALIDADE FOI FROITO DO ESTUDIO, DO SACRIFICIO, DA INVESTIGACIÓN E DO DESENROLO A TÓDOLOS NIVEIS.

Visto o visto…
¿Negaremos agora que podemos seguir progresando?
Non.
Claro que non.

Entre outras razóns porque dun tempo a esta parte rompemos estereotipos, moitos prexuizos quedaron atrás, moito medo ó que dirán, tamén….

Aínda nos quedan moitos prexuízos que rexeitar, pero cada día faltan menos:

-HOXE EN DÍA MOITAS MULLERES OPTAN POR SEPARARSE CANDO OS MARIDOS NON LLES APORTAN O DEBIDO.
E OS HOMES FAN OUTRO TANTO.

¡Haberá tantos matrimonios nulos entre os matrimonios canónicos!
¡E entre os civís, tamén!
¿Cantos matrimonios non se amañaban entre as familias..?
¿Cantas persoas se casan sen a debida madurez?…

¿QUEN PODE PAGA-LA NULIDADE DO MATRIMONIO CANÓNICO?

Hoxe en día, moitos xa optan por outras fórmulas…
Claro está que o matrimonio canónico ten moitas ventaxas se foramos como é debido, pero a realidade demostra que algo estamos facendo mal.

Ante outras opcións…
Non se pode dicir nada porque non se sabe o que pode deparar o futuro.
O mellor sería que as cousas foran como é debido, pero visto o que vemos na tele un día si e outro tamén…

¡QUEN O DIRÍA NOUTROS TEMPOS!

É grave que se teñan que separar; pero cando a convivencia non funciona… di o refrán que:“Mellor só que mal acompañado”.

¡Canto se deixa sufrido!
¡E canto se sofre agora!

Enganareime se digo que: “A VIOLENCIA MACHISTA É TAN SÓ A CABEZA DO ICEBERG”.

¿Para que tanto sufrimento?
¿De que vale garda-las apariencias cando as cousas non funcionan?

-HOXE EN DÍA SON MOITAS A MULLERES SOLTEIRAS QUE LEVAN UNHA VIDA DIGNA CON TOTAL E ABSOLUTA AUTONOMÍA E LIBERDADE.

Para elas a solteiría é unha opción, tan válida como outra,
Porque a dignidade está na persoa, non no seu estado civil como se cría noutros tempos.

Unha persoa solteira non ten porque estar soa nin sentirse soa.
Estar só é algo ben diferente.

Hai quen está só no medio de moitas persoas.
Eso si que é grave.

-HOXE EN DÍA SON MOITOS OS HOMES QUE PARTICIPAN NA CRIANZA DOS FILLOS E NOS LABORES DO FOGAR.
Un gran adianto para todos.
As mulleres gañamos en autonomía, e os homes, tamén
Trátase de ser persoas, indistintamente do sexo ó que se pertenza.

-HOXE EN DÍA VENSE MULLERES NOS EXÉRCITOS, CONDUCINDO VEÍCULOS DE GRAN CILINDRADA, MINISTRAS, PRESIDENTAS….
Certo que aínda abundan máis os varóns pero pouco a discriminación por razón de xénero irá desaparecendo.
¡Vai sendo hora!

-HOXE EN DÍA VENSE MOITOS HOMES FACENDO A COMPRA NOS SUPERMERCADOS.
Neste sentido tamén melloramos moito.

-Etc, etc…

Poderíamos seguir cunha lista moi longa…

Estamos atendendo a uns cambios moi notorios e confiamos que a maioría deles serán para ben.
Seguro que non todo vai saír ben, porque somos humanos e como tales: imperfectos.

Pero cando erramos, sempre estamos a tempo de rectificar e pouquiño a pouco ir mellorando.

Porque “rectificar é cousa de sabios”

“RECTIFICAR É COUSA DE SABIOS”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa capacidade para adaptarse ó tempos que nos toca vivir.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES