A Estratexia do Golpe Constitucional
Cardalda, Theo - lunes, 26 de marzo de 2007
O Partido Popular leva desde fai un tempo cunha estratexia de mobilizacións nas rúas con uns obxectivos non moi doados de ollar a simple vista. Un dos principais é obrigar a Zapatero a dimitir, aínda que sexa por riba da súa maioría parlamentaria. Comezaron co de Cataluña, as convocatorias da AVT con xente extremista apoiadas polo PP e xustificadas polo proceso de paz que queren levar ao bo fin todas as forzas do arco parlamentario, agás o PP. Logo foi o de De Juana e fai uns días o de Nafarroa. O máis insólito e brutal é o boicot a certos xornais e radios. Coido que están chegando demasiado lonxe nas súas ansias de poder, están a xogar con lume ata o límite de apoiarse en elementos de extrema dereita. Témonos que dar conta que os obxectivos estratéxicos de Aznar e Rajoy son a paralización do proceso de paz en Euskadi, e a conversión do xuízo do 11M en que non sexa unha identificación da guerra de Irak.
Se analizamos este proceso e a táctica, nun contexto político distinto e distante, ten unha semellanza co método daquela mobilización democrática apoiada en mentiras, boicot a xornais, acusacións sen fundamento na Venezuela do 11 de abril de 2002,. Tanto é así que Rajoy nun mitin en Albacete dixo que nuns poucos meses sería presidente do Goberno e dixo de feito un chamamento á desobediencia ao afirmar que Zapatero xa non era o seu presidente.
Tamén teño que dicir ao facer este sinxelo análise, que de principio contou coa complicidade do PSOE e a inmobilidade política do goberno no discurso que levan a cabo os do PP no embrutecemento político da cidadanía, daquelas manifestacións as xornais en favor do PP dos santos baróns do PSOE, Bono, Ibarra e outros, en especial o teatro que está a facer Rosa Díez cunha dialéctica esperpéntica en pro da táctica malévola do PP; daqueles pos veñen estes lodos.
Non nos enganemos , o PP sabe moi ben xogar cos sentimentos, os desexos, os odios e a ignorancia política de moitos dos españois, e utiliza iso e a mentira sistemática como punta de lanza na súa loita contra o goberno, por iso digo que no sexamos ilusos a dereita ten asegurado o electorado, e sabe moi ben que con esta dinámica de enfrontamento, odio e manipulación pode acadar algúns mais de votos; e para desgracia da esquerda son da clase obreira a maioría deses votos, máis os que queren acadar.
Como pode ser posible, segundo unhas enquisas que, os problemas máis preocupantes de España sexan : ETA, Nafarroa, De Juana, Otegui, cando esa banda terrorista levaba preto de tres anos sen matar; intentando tapar as realidades mais relevantes a vivenda para os xóvenes, listas de espera nos hospitais, a corrupción urbanística etc.
Como veño dicindo nesta opinión, están xogando con lume e lles importa moi pouco se o obxectivo e esa estratéxica poden chegar ao poder con ese democrático Golpe Constitucional.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora