A mámoa das Carriceiras, descuberta o pasado verán polo directivo da Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, José Luís Teijido Comba (Luís de Fabete) no monte comunal da parroquia deunos unha nova pista nunha visita realizada onte polo seu descubridor. A limpeza realizada pola Asociación e posterior descomposición da materia orgánica ademáis das chuvias deixaron á vista un quinto elemento que confirma as sospeitas do arqueólogo Marcial Tenreiro de que hai moito máis enterrado e posiblemente en bó estado de conservación.

Desde a Asociación Sociocultural Lareira de soños, volveremos a facer consultas profesionais para estudiar este novo descubrimento e ver que posibilidades hai de seguir a investigar na mámoa, mesmo algunha pequena excavación que saque á luz novos elementos. Unha boa nova para a primeira mámoa descuberta na parroquia dos Vilares, ainda que ese feito xa nos fixo chegar novas de outras por parte de veciños no monte vilarego para as que temos preparado roteiros guiados e, acompañados de arqueólogo.