Non perdemos a esperanza
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de febrero de 2017
Moitas veces temos oído que a esperanza é o último que se perde.
Outras moitas oímos cousas así:
Non sei que vai ser desta xeración, non saben o que deixamos loitado nós
Cada persoa ve a vida desde o seu propio punto de vista.
Está no seu dereito.
Ninguén pode mirar con ollos alleos.
Se botamos unha ollada retrospectiva, seguramente lembraremos que a xeración que nos precedeu a nós tamén dicía cousas parecidas.
Ninguén pode adiviña-lo futuro.
Este mundo é tan cambiante, que non podemos imaxinarnos o que vai pasar dentro de vinte anos.
O que si podemos decir é que o ser humano ten capacidade de sobra para adaptarse ás circunstancias.
E tamén intelixencia suficiente para resolver da mellor maneira os problemas que a vida lle vai presentando.
Grazas a estas capacidades a humanidade vai avanzando e ninguén pon en dúbida que nós vivimos máis e mellor que os nosos antepasados.
Pois
¿Por qué non podemos pensar que as xeracións vindeiras tamén vai vivir mellor que nós?
Alguén pode pensar:
Imposible, nós tivemos traballo e os de agora non
Na xeración anterior tivo traballo quen o tivo.
Antes a muller estaba relegada ós labores do fogar e non ocupaba un posto na vida laboral.
O traballo fóra da casa, era principalmete- cousa de homes.
Esa entre outras moitas- é unha das razóns polas que agora o traballo está máis repartido entre ámbolos dous xéneros.
Natural.
Nese sentido avanzamos moito nos últimos tempos.
Outra cousa é que aínda queda moito que mellorar; pero neso estamos.
Afortunadamente con moitas diificultades- hoxe a muller ten acceso á vida laboral fóra do fogar.
Eso significa que ten máis autonomía aínda que tamén leve en boa medida o peso do fogar e que teña que multiplicarse en moitas ocasións.
Se a muller mellora a súa situación económica, xa significa que máis da metade da población vai mellorar a súa calidade de vida.
¡Algo moi desexable!
¿Ou non?
Outra razón para confiar é o feito de que cada día son máis os homes que comparten responsabilidades no fogar.
Eso tamén significa que pouco a pouco- vanse correxindo certos desequilibrios que tiveron que soportar as xeracións pasadas.
Por eso os nosos nenos e as nosas nenas xa van educados de maneira diferente a como fomos nós; pero moito mellor tamén.
Eles e elas serán as que construirán ese futuro mellor no que todos confiamos.
Estes cambios, - que a algúns lles costa asimilar-, son os que producirán un mundo máis equilibrado, máis xusto e mellor cada día.
Querendo ou sen querer, estamos rompendo estereotipos.
ROMPENDO ESTEREOTIPOS
Este será o título do seguinte artigo.
A esperanza dinos que podemos e debemos rompelos para dar lugar a unha sociedade renovada e mellorada.
Moitas grazas por terme na súa consideración, nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora