Vigalicia
Mato, Xesús - lunes, 26 de marzo de 2007
VIGALICIA non é unha nova sigla ou empresa comercial. Imprescindibles
tamén para que non fuxan os nosos mozos e mozas a traballar fóra. E os
nosos vellos morran sós. (En Galiza, de cada catro, un vive só) A maioría,
ás portas da dependencia absoluta.
Nese contexto aparece Vigalicia (Vida Independente Galiza). A nova ONG
cunha visión renovadora e distinta. Sen subvencións, dependencias. Vén do
Foro Vida Independente, cunha manchea de vivencias, experiencias persoais
e comunitarias moi suxestivas.
E dispostos a loitar pola mellora das Leis aprobadas (Promoción da
Autonomía Persoal e Atención a persoas con Dependencia e Igualdade de
Oportunidades e Benestar) No Ano Europeo da Igualdade. ¡Rimbombantes nomes
e siglas! Promesas electorais, a eito. Con novos (¡vellos!) redentores. A
repetir mesmas historias, mesmos paseos de vellos, mesmas viaxes e
comidas, mesmos cursiños para enredar discapacitados ¡Clientelismo!
É a hora da pasar das palabras e promesas aos feitos. Temos que notar que
os nosos vellos e persoas con dependencia (física e intelectual) contan
algo na sociedade galega.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora