Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sermón de entroido 2017

miércoles, 22 de febrero de 2017
Ola, miña xente,
xa devecía por chegar!
Armeivos unhas copliñas
que vos teño que botar.

Non me teñades amigos
por un vello rosmón
pero pasan cousas neste mundo
que no tienen paranghón,

Serei claro
e falarei con traza
téñolle algo de medo
a esa cousa da mordaza.

Ben sei xentiña
que pra todos non é igual
pero eu carézovos do título
de falabarato habitual.

Para seguir falándovos
vou ver se teño pulso
que o finado 2016
foivos ano moi convulso.

Medio ano sen goberno
para ter que solucionarlle os temas
aos que prometeron vinte veces
que nos arranxarían os problemas.

Fartámonos, meus veciños,
de promesas e promesas
mais non houbo un que mirara
se había pan nas artesas.

Como bos comediantes
negociaron á carta,
partiron e repartiron
non quedou miguiña da tarta.

Disto ninguén ten a culpa
iso si que non!
Eles non se equivocan
sonche doutra condición.

E explícancho ben
nun idioma moi culto:
non vos hai auga que lave
como a firma dun indulto.

O rico sempre ten súbditos
con medios que o defenden.
Ó pobre lenlle edictos
que nin eles entenden.

Isto dá para cabrearse
tanta falta de decencia
moita malicia vos hai
nas alturas da intelixencia.

O que manda manda
e ata o que ten que atar
moitos que queren
non vos poden votar.

Este mundo meus veciños
levou un tantarantán
durmiuse e espertou
nas mans do Tran.

Uns din que tolea
outros que delira
mais líbrenos noso señor
de coñecer a súa ira.

Algún tivo que ir á choupela
porque lle puido a cobiza
e mandou de viaxe
13 millóns para suíza.

Tanta avaricia meus amigos
para rematar na choupela
pedíndolle Ducadiños
de vez en cando ao centinela.

Xa din os vellos
alto,claro e nu:
a cabra co vicio
dávos cos cornos no cu.

Aí o tedes veciños
de xeito ben latente
pódese rematar no caldeiro
querendo ser presidente.

Tamén sentou no banquillo
algún que outro crack
que se prometía moi feliz
coa súa tarxeta black.

Uns séntanse no banquillo
outras érguense sen sentido
a infanta, meus señores,
non sabía o que facía o marido.

Se andades metidos en preitos
que se vos meta ben na testa:
non vos hai mellor defensa
que o “no sabe no contesta”.

Como non ha saír libre
quen ante perigo penal
abrígase no paraugas
dunha defensa fiscal.

A quen libra da xustiza
cómprelle non mentir.
Hai un xuíz supremo
do que non pode fuxir.

Poden morrer cheos
e arroupados de tul
a Deus nada lle importa
que algúns teñan sangue azul.

Deixo xa a monarquía
ata outro ano
e que lle piten os oídos
co himno republicano.

Vivimos no país da paciencia
quen vivira no da loita!
Ou nun que gobernase
o que mellor nos escoita.

Non me olvido, amigos,
dos señores tuiteiros
pagan os máis inxenuos
libran os máis troiteiros.

Seica houbo gran rebumbio
por uns monicreques impíos.
Algúns só lles valen
se lles poden manexar os fíos.

Hai algún de corbata
con moi boa conversación
boa presenza e certas mañas
para a cousa da malversación.

Xogan co público
fan do torto dereito
para desfalcar no de todos
teñen moito peito.

Para rematar xentiña
como xa é tradición
erguédevos xuntos
que vos dou a bendición.

Co pensamento en branco
poñédevos en pé
tapádevos o nariz
e todos a unha decide béee
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES