Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 22 de febrero de 2017
No día da radio

No momento que empezo a escribir este Pingas quédanlle pouco máis de dúas horas ó día que está dedicado á Radio. Para este molgués, falar da radio é algo así como a reencarnación dunhas noites nas que gocei coma un cativo diante dun micro. Falar da radio son palabras maiores. Tiven a sorte de, pasiño a pasiño, introducirme en Radio Maceda. Lembro que o fixen coma se fose un correpondente de Baños de Molgas. O mesmo, o mesmo que facía para La Región. A este xornal mandaba as novas por carta. Á radio recitáballas a Carlos Quintas por teléfono. Pero como o meu sempre foi o cine, con esta arte me metín de cheo en Radio Pingas de orballoMaceda. Inventeime un programa cinematográfico semanal no que falaba de películas e, ós cachos, metía música, moita banda sonora. Os aparatos técnicos controlábaos Xabier Oviedo e un servidor largaba de cine que "nin diola". Empecei tremendo coma un xunco, pero rematei cunha morriña tal que aínda hoxe penso naquelas marabillosas noites.

Nacer pobre, ser pobre

Moitas veces os xornais publican noticias que son moi sinxelas de interpretar. O outro día lin unha sobre a pobreza: "Oito de cada dez nenos pobres tamén o serán cando cheguen a adultos". Moi sinxela! Porque o que nace pobre é pobre toda a vida. É pobre xa por natureza. É pobre porque non ten onde caerse morto. Eu non é que sexa moi pobre, pero levo toda a vida intentando facerme rico... e non hai maneira! E mira que traballo. E mira que ando de aquí para alá. E mira que busco, e que pido. e que choro, pero nada. Tan só me queda poñerme na rúa do Paseo e pedir esmola. Sei que nin así. Xa sei que algúns estarán pensando que "neste país, como non roubes...". Mirade que temos malos pensamentos. Eu, aínda que o pense (que non o penso, por Deus!), non sei cómo roubar. Así é que non me queda outra que seguir a estatística da noticia: que son deses oito de cada dez. Porque nacín pobre (seino ben) e serei toda a miña vida pobre (tamén o sei). Reconfórtame que son rico de espírito.

De xulgado de garda

Un dos acontecementos máis fermosos do mundo, ou quizais o máis fermoso é ter un fillo. Pero tamén hai que ter moito sentidiño para telo... porque hai que crialo. Unha muller de 64 anos pariu xemelgos en Burgos logo dun tratamento de fecundación in vitro nos Estados Unidos. Os cativos adoitan xogar sempre ata polo menos os 10 anos. Imaxinemos que queren xogar á pelota; a ver como figuramos a unha señora de setenta e algo de anos correndo detrás dun balón. É bonito ter fillos, pero ata certos límites, por Deus! A maiores dos antecedentes que xa arrastraba de atrás: seis Pingas de orballoanos antes tivera unha filla da que xa botaran man os Servizos Sociais de Castela-León por deficiencias no seu coidadio. A ver!, ante isto, non clama ó ceo a irresponsabilidade desa pamema (sinceramente, non merece outro nome). Agora que?; agora volven os Servizos Sociais a facerse cargo dos xemelgos? Hai decisións dalgunhas persoas que son de auténtico xulgado de garda.

Tempo e xustiza

Que tarde! Que tarde máis espléndida! Moi apta para aproveitala. Aproveiteina. Fun ler por xunto ó Barbañica e daba gusto. Gusto o paseo e gusto a lectura. E iso que estou lendo un libro que esgota un chisco; ten parágrafos tan longos que estou desexando chegar a un punto e á parte para acougar un cachiño; aínda que só sexa para mirar cara á diante, non vaia ser que choque contra obstáculos humanos ou materiais. Que tarde... case de verán. E atopámonos en pleno febreiro. Pero xa sabemos que o tempo non é como era. Pero non nos estrañemos; tampouco a xustiza é como debería ser. Vaiche boa! Moitas cousas non son como eran. Nin son como serán. É que o tempo pasa e todo cambia... menos a xustiza. Esta tira sempre para adiante, ou sexa, pola mesma dirección. Tampouco fai falta dicir cal é esa dirección. Sei que sodes listos. Hai algúns que son listos, pero disimúlano moi ben e fan coma que non entenden e pensan que a xustiza non é cega. Como vai ser cega se sabe ben a quen lle imparte sentenza!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES