Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Utopías carnavaleiras: A reconversión

martes, 21 de febrero de 2017
O entroido na rúa tivo de sempre o compoñente que as coplas e propostas, en verso ou prosa,que comparsas e grupos levaban no repertorio en cuxas letras, no contexto festivo, con mais ou menos arte, humor e enxeño, poñían en solfa sucedidos da vida comunitaria o que permitía ó pobo deixarse oir cun discurso e un ton que serviron para transmitir a mensaxe, idea para expresar un punto de vista ou opinión ante calquera feito puntual ou cotià, refrexo de inquedanzas, o sentido do humor e o sarcasmo das xentes.

A estas pertence o comunicado que en 1999 – hai 15 anos- espallou entre o público un grupo do desfile daquel ano. Decía así: “¡Focense, vota!¡Hai que reconverter a flota! En audaz operación a consellería Agricultura, Pesca e Alimentación acordou medidas para reconverter o sector pesqueiro de Foz”.

1º.- Reducindo un 3000% da inversión prevista para o porto da Verde vai facerse un“dique”dende o prado de Ramos ata a punta do Castro de Barreiros acadando así o secado definitivo da ría de Foz.

2º- Nesta, que pasará a chamarse “Pastos da Verde” implantarase a cría e engorde de gado vacún selecto. A dársena será adecuada como “Zona de estabulación libre”.

3º Mediante sistema hidráulico as embarcacións serán dotadas, quedando adaptadas para os traballos agrícolas.

4º Tupide quedará como “Zona de investigación” e os pantaláns como observatorios do “Patio de Monta”

5º.- Recuperaranse as instalacións portuarias para o sector turístico creando un “gran complexo de Disco-Restaurante- Sala de Festas-Putiferio-Bar para turistas e “poderá ser visitado polos nosos políticos, sabida a sua afición as larpeiradas”.

Pasaron quince anos desta proclama: é sabido que nesta paraxe é inviable a navegación que obriga a esquecer toda actividade náutica de certa entidade.

O pobo, no intento de salvar a derradeira esperanza frustrada que significaba o oasis do porto da Verde; instalábase entón na utopía, coa reconversión, aínda que só fose polo Carnaval….

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES