Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juan José Tamayo e a Teoloxía da Liberación

miércoles, 22 de febrero de 2017
Juan Jos Tamayo e a Teoloxa da Liberacin O interese que espertou a conferencia de Juan José Tamayo que o Club de Prensa organizou no Ateneo, quedou amosado polo numeroso público que acudiu á cita. O tema era o suficientemente atractivo e o profesor Tamayo moi coñecido polo seu compromiso como teólogo da chamada Teoloxía da Liberación, que poderíamos definila como unha teoría revolucionaria cuxos postulados non teñen relación e xa que logo nada que ver co sentido de violencia que moitas veces lle damos á palabra revolución. A Teoloxía da Liberación resulta ser unha das correntes máis creativas na história do cristianismo e o profesor Tamayo un dos seus defensores máis activos que loita, dende unha perspectiva utópica, pola defensa dos axiomas dun mundo máis xusto para todos dentro desta "madre terra” na que vivimos.

A filosofía da Teoloxía da Liberación ten unha longa história, malia nacer como tal hai corenta anos. Hai dous mil anos alguén chamado Xesús de Nazaret sementou os pricipios, púxose do lado dos pobres e comenzou unha loita desigual contra o sistema establecido; e iso levouno ao martirio, calvario que se prolongou no tempo ata os nosos días. O asasinato de seis xesuítas e dúas mulleres, nai e filla, nas dependencias da Universidade Católica do Salvaror en 1989 acredita a inquina que ten o poder diante de movementos sociais incómodos. O paradoxo é que as altas instancias da institución eclesiastica naquel momento chegaron á conclusión que aqueles relixiosos se desviaran das súas funcións, manifestando que se puxeran do lado da guerrillla e que, en certo modo, o tiñan merecido. Esta actitude amosa ata que punto a igrexa "oficial” estaba e está do lado do poder. Aqueles asasinatos producíronse porque eses homes exerceron unha conciencia crítica que resultaba contraria aos intereses da oligarquía militar. E o Vaticano mirou para outro lado, dicindo que a Teoloxía da Liberación era marxista, e miren por onde esa aseveración tiña algo de certo pois non cabe dúbida que o marxismo fixo excelentes achegas a esta teoloxía malia que a cousa, como xa dixen, ten os seus orixes moito máis atrás en alguén chamado Xesús de Nazaret.

Hoxe a Teoloxía da Liberación abarca novas e importantes tendencias como a teoloxía feminista, a ecolóxica ou a campesiña e económica. O profesor Tamayo, en resposta ao título da súa conferencia: "Ten futuro ou está morta a Teoloxía da Liberación?” fixo fincapé en acreditar que aqueles que intentaron matala, a enterraron viva, non estaba ben morta. Hoxe rexurde coma unha teoloxía contrahexemónica, como unha teoloxía crítica do imperialismo teolóxico, premisas ideolóxicas que atopan no Vaticano aos seus principais enimigos que fan o posible para que non maduren. Sen embargo o papa Francisco nos seus xestos semella sintonizar coa Teoloxía da Liberación e a diferencia, por exemplo, de Juan Pablo II que da a comunión a Pinochet en Santiago de Chile, adopta unha postura crítica fronte ao neoliberalismo, recibe en Roma a Gustavo Gutiérrez (pai da Teoloxía da Liberación), chama a atención a corenta bispos en México por estar co poder en vez de estar cos pobres...etc.

Concluiu o eminente teólogo a súa conferencia diciendo que a Teoloxía da Liberación tivo un fructífero pasado, un operativo presente e intúeselle un futuro máis luminoso que na etapa anterior.

Un animado e interesante coloquio puxo fin á esta cita da que os asistentes saíron, polo visto e oído, moi satisfeitos. Sen dúbida.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES