Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aquel Entroido enxebre

lunes, 20 de febrero de 2017
Chegaron tres días para que o caso Nóos apeste xa. Xa cae máis aburrido que un lagarto ó sol. Así é que nin quero nin debo (outros entenden moito máis ca min) falar máis del, pois á parte de non entender, só me alporizo. E non falando del, a verdade é que a semana pasada non deu para moitas lerias; incluso futbolisticamente ata foi unha semana moi negativa para os galegos.

Así é que busquemos outra cousiña. O que? Pois por exemplo o entroido. O entroido semella que volve polos seus foros, que os concellos o recuperan cada vez máis e que todos arelamos, todos devecemos por eses desenfreos que, a cara descuberta, nin se nos pasaría pola imaxinación cometer. Non obstante, para este molgués, o entroido non é o que era.

Pódese dicir case perfectamente que o entroido de agora (se exceptuamos a un ou dos pobos) son desfiles e máis desfiles... e tan só nas fins de semana. Lembro de rapaz aquel entroido enxebre que se desenvolvía a diario e que tiñas que andar ollo avizor ou con cen ollos se non querías que te encheran de farelos ou chegar á casa como un divino cristo por culpa dos tizóns que che refregaban pola cara. Logo, cando baixaban os felos, cando baixaba, creo, o Salvador de Nocelo acochábame detrás das pernas do pai porque me daba medo.

A mestra dona Julia soltaba un pouco antes ás nenas para que nós non as pintaramos ou as encheramos de farelos. O mestre don Graciliano, algún ano "pasaba" do acordo, do pacto, do trato e soltábanos a un tempo para gozar coas persecucións ás que sometiamos ás rapazas. Iso agora xa non se ve. Agora tan só son disfraces e desfiles. Aquel entroido enxebre, aquel entroido das aldeas hai moitos anos xa que rematou.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania