Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cofradía do Capón de Vilalba

viernes, 23 de marzo de 2007
Domingo Goás Chao segue adiante no seu labor de promoción do capón vilalbés. Este avogado nado en Vilalba, exercente en Madrid, fillo do médico Goás que só lembrarán os moi vellos e de Pilar Chao, que os do meu tempo puidemos coñecer, foi pregoeiro do San Ramón hai uns anos, e fai dous ou tres meses inventou a “Cofradía do Capón de Villalba”, e a este esforzo se dedica.

Hai un par de semanas que veu a Lugo facer un xantar de capón e agora organizou outro en Madrid para recibir como membros de honra da Cofradía a Manuel Fraga, Rouco Varela e Agustín Baamonde. Quédanlle aínda varias xuntanzas pendientes.

Dómingo Goás aprovisionouse de capóns na pasada feira de Nadal, e con eses fondos gastronómicos – sempre ó seu cargo – está facendo patria en Madrid ou en Galicia, abrindo camiños para o capón, investindo cofrades, sumando adeptos, impulsando especialmente en Madrid a imaxe e o sabor do capón vilalbés frente a outros capóns doutros lugares do Estado que polo de agora teñen gañada a batalla en Madrid.

Naturalmente que conta, ademáis da miña amizade, coa miña simpatía. Un vilalbés que desinteresadamente inviste tempo, diñeiro e entusiasmo en promocionar o noso capón, e con el Vilalba, as súas xentes, e a súa economía e tradicións, merece o noso respecto, o noso ánimo e o noso aplauso.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES