Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas do viño

sábado, 18 de febrero de 2017
Dis que agora é tamén un nome de muller. Pero ata hai ben pouco mencía era só unha caste de uva que se dá fundamentalmente no val de Monterrei, nos socalcos da Ribeira Sacra e nas veigas chas de Valdeorras e do Bierzo. Agora creo que no Ribeiro tamén madura nalgúns bacelos.

Xa o contei aquí hai uns cantos anos, pero como tamén me aconteceu nun restaurante de Compostela, voume permitir lembralo a xeito de introito, porque ten enxundia de seu.

Pasoume nun restaurante dos moitos que hai na rúa do Franco. Andaba eu só pola cidade do apóstolo e tiña unha certa presa, polo que decidín entrar nun calquera e pedir o menú do día co fin de rematar pronto e dirixirme a onde fora convocado.

Amosáronme a encomenda, sinalei as miñas preferencias primarias e secundarias, e cando o camareiro me preguntou polo viño, literalmente díxome: Qué quere Ribeiro ou Viña Costeira?

Sorprendido pola redundancia que acababa de cometer, quixen corrixilo facéndolle ver que o Viña Costeira era tamén un Ribeiro, ó que el me contestou que era coñecedor, pero que eles chamábanlle Ribeiro ó "viño de mesa", ou sexa, a ese que non leva máis identificación ca unha pequena etiquetiña cun número de rexistro alá no fondallo do papel e que, polo tanto pódese coñecer por quén foi embotellado, pero dificilmente onde madurou o vago. "Viño atoldado, vaia! Do que se toma en taza", rematou el, polo que, sen recuperar aínda a dimensión dos ollos que se me abriran coma pratos, pedinlle un "Viña Costeira", non fora ser...
Nantronte, sen embargo, a anécdota aconteceume con un mencía. Velaí.

Foi tamén nun restaurante ó pé do Obradoiro. E tamén nun comedor con menú do día, digamos económico, onde teño almorzado con frecuencia -e ben- cando por "h" ou por "b" vou ó Consello da Cultura.
- Que vai beber? Branco ou tinto?
- Mellor, tinto. Un mencía, pode ser? Pero cun vaso chégame.
- Bueno. Eu tráiolle a botella e despois vostede beba o que teña a ben.

E así foi. Como corresponde, perante miña descorchou a botella e colocouna diante do prato para que me servira eu, cousa que fixen de contado para -supoño que xa o está sospeitando- sorprenderme outra vez.
Resulta que cando reparei na etiqueta, os ollos fóronseme para un lugar onde estaba escrito "Cumial. San Ciprián de Viñas (Ourense - España).

Volvino ler por se fora unha ilusión óptica. Pero non. Resulta que alí estaba eu bebendo un mencía de Castela-León con marchamo do Cumial ourensán ¿?

Xa ve. Ourense -ou algúns ourensáns- nas cousas do viño non nos deixan de sorprender.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES