Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Fóra o Imposto de sucesións!

viernes, 23 de marzo de 2007
Os galegos temos un acendrado sentido da propiedade privada aínda que sexa mínima. O máis pobre de nós, no rural, posúe unha finquiña “onde caerse morto”, como o lenguaxe popular acreditaba.

Nas zonas urbanas, así como existiu sempre máis riqueza tamén se daban os índices de pobreza extremos, coexistindo as dúas realidades, cada unha coa súa circunstancia.

Nun país coma este, con arredor de dous millóns de pequenos ou medianos propietarios, as sucesións son un drama, xa que os impostos directos polo pase da propiedade de pais a fillos enténdense como a maior das inxustizas.

O tema, como o da sucesión e continuidade das pequenas empresas familiares, parece que vai ser solucionado, xa que a Xunta ten en estudio unha nova normativa que entrará en vigor a comezos de 2008 para que o noventa por cento dos galegos non teñamos que pagar imposto de sucesións.

Cabe suponer que ese dez por cento restante referirase ás grandes fortunas, que terán un tratamento diferente. Pero o que nos interesa é ese noventa por cento que, se como é lóxico se aplica racionalmente, vai significar a práctica desaparición dun imposto conflictivo e case confiscador.
Alédanos a medida polo que ten de ánimo ós pequenos propietarios galegos para seguir aforrando e incrementando as súas posesións na seguridade de que cando corresponda non lles deixarán os seus herdeiros unha hipoteca fiscal senón os rendementos netos de toda unha vida de traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania