Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morre o número cero, ¡Viva o Cero!

jueves, 22 de marzo de 2007
Á humanidade costoulle asumir a existencia dun número que non representaba nada, que representaba a nada.

Foron miles de anos ata que a civilización conseguiu plasmar a non existencia, resumir cun cero a inexistencia. Foi un gran logro filosófico, ó que acabamos de darlle un golpe de morte.

O cero, ese logro do saber, foi a representación da carencia máis absoluta no mundo educativo, e colleitaban un cero os alumnos e as alumnas que evidenciaban ignorancia total ou cometían actos punibles que non tiñan máis plasmación no papel que a negación rotunda.

Pero o tempo do cero no mundo da educación rematou xa, e os alumnos da Eso serán evaluados dentro dunha escala que vai do un ó dez. Se o alumno deixa o exame en branco, ou durante todo o curso non aparece ou aparecendo non aproveita nada das ensinanzas, pode merecer un 1, pero nunca un cero.

As súas razóns terán os lexisladores para deterse nun tema que parece mínimo aínda que pode redundar na satisfacción intelectual dos estudiantes máis febles.
Morra, pois, o cero no momento máis glorioso da súa existencia, malfadado para o mundo da educación, soberano no mundo dixital.

Porque precisamente agora o número cero é pilar fundamental no idioma da técnica onde xunto co número un constrúe e soporta sobre sí o fabuloso mundo da informática
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES