Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pobres de solemnidade

miércoles, 21 de marzo de 2007
En tempos, todo estaba moi claro: Dunha banda, os que “tiñan un pasar”, os que se gobernaban axeitadamente e vivían ben. Doutra, os pobres, sendo “os de solemnidade” os que presentaban as carencias máis absolutas.

Medramos colectivamente, melloramos socialmente, e conformamos unha sociedade que progresa, que se integra en Europa. E formamos entre todos unha inmensa clase media que non ve nin deixa ver os pobres da actualidade.

A Vicepresidencia de Igualdade da Xunta fixo un estudio sobre a pobreza e a exclusión social en Galicia que reflicte unha situación sangrante. 400.000 galegos son pobres, e deles 104.000 equivalen, pola súa pobreza extrema, ós antigos pobres de solemnidade.

Fálase do este da provincia de Pontevedra e parte da de Ourense como de maior pobreza, centrándose o problema preferentemente nos concellos de menos de vinte mil habitantes, aínda que non é exclusivo deles.

Dentro do colectivo de pobres, destaca que a metade deles son mulleres e que un de cada oito pensionistas galegos está incluido nesta “lista negra”.

Os pobres son invisibles para os non tan pobres. Deben, polo tanto, as institucións facilitar a visibilidade por parte dos poderes públicos e do resto da sociedade, porque esto non é problema dunha clase social, das institucións ou do partido que goberne, senón que é un problema de todos.

¡Acabemos coa pobreza “de solemnidade”!. A súa existencia avergoña, denigra e desprestixia a toda a sociedade galega, a tódolos galegos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES