Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dos Teleclubs ós Telecentros

martes, 20 de marzo de 2007
Cada tempo require a súa instalación e a correspondente tecnoloxía.

No final dos anos sesenta do pasado século, os teleclubs facían furor, especialmente en Galicia pola dispersión da poboación.

Nas parroquias máis avanzadas xurdían como fungos, inspirados por un mestre, un crego ou un labrego ilustrado.

Estaban dotados cun televisor, unha pequena biblioteca, e pouco máis pero foron xermolo de innumerables iniciativas nun tempo no que prácticamente todo estaba por facer.

Co tempo, esmoreceron. Porque os televisores eran asequibles para case todos, as condicións das casas melloraron, os libros proliferaron. Pero marcaron unha época e foron a orixe dun movemento asociativo que en moitos lugares aínda ten moita vida.

Agora, os telecentros. O maior aliciente, Internet e o seu novo mundo ó alcance de todos, especialmente interesante en moitos lugares en que a Rede aínda é unha descoñecida.

O Presidente Touriño viaxou a Brasil, e desde alí conversou por videoconferencia con Verín e Monterroso, onde xa teñen cadanseu centro da modernidade, inaugurou doce máis, e prometeu que en 2009 tódalas comarcas de Galicia terán un telecentro de acceso público e gratuito. Neste momento a cobertura é xa dun oitenta por cento.

Dentro duns anos serán só unha lembranza do pasado, pero agora son fermosas realidades de progreso e coñecemento, democratizando a cultura e as mentes, abrindo espazos infinitos para unha xente – a nosa – tan necesitada de aperturas.

Os teleclubs son prehistoria. Os telecentros, unha fiestra ó mundo e ó futuro. ¡Que sabíamos aproveitalos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania