Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aí radica o mérito

jueves, 09 de febrero de 2017
Despois de que nos regalan a vida e chegamos a este mundo, estamos chamados a “negociar con ela” da maneira que nos produza o maior rendemento e a maior felicidade posibles.

Na maneira de xestionala radica o mérito de cada persoa.

Cada persoa ten o seu propio mérito persoal e ninguén sabe o sacrificio que fai mellor que ela mesma.

Pero –polo que se observa desde fóra-; sabemos de persoas que teñen un mérito especial porque se esforzan moitísimo:

Nenos que teñen dificultade cos estudios:

-Pero insisiten e insisten ata conseguir supera-las dificultades.
-Estudian nas vacacións.
-Estudian os fins de semana.
-Prívanse de divertirse tanto como lles gustaría.
-Reciben clases particulares…

Son nenos que teñen moito mérito.
Deles esperase moito porque loitan por un futuro prometedor para eles e para a sociedade.

Pais que seguen puntualmente a evolución dos seus fillos:
a tódolos niveis sen importarles sacrificarse por educalos ben.
-Que lles dedican moito tempo.
-Que falan moito con eles.
-Que respetan os seus horarios de descanso.
-Que os acompañan nos estudios…

-Que seguen puntualmente a súa evolución:
-Para que respeten ás persoas maiores.
-Para que respeten ó profesorado.
-Para que se labren un bo futuro.

Son pais e nais que teñen moito mérito porque fan o que deben.
Xusto o que deben, cousa que outros teñen moi descoidada.

Fillos que:

-Veneran a seus pais porque recoñecen o moito que fixeron por eles.

-Que os respetan en grao máximo.
-Que seguen os seus consellos.
-Que os atenden nas súas necesidades.
-Que comparten con eles as tradicións da familia.
-Que lles reservan un sitio na mesa, no coche, na misa, no cine, en todas partes…

Eses fillos teñen moito mérito porque fan o que deben, aínda que a veces lles coste porque os maiores tamén temos rarezas e a veces, moitas.
Aí radica o seu mérito.

Anciáns:

-Que se deixan querer,
-Que non se meten na vida dos novos.
-Que saben dar un consello cando se lles pide.
-Que levan con paciencia os achaques propios da idade.
-Que conservan o bo humor a pesar dos doenzas.
-Que non dan máis traballo do imprescindible.
-Que saben ocupar silenciosamente o seu lugar…

Eses anciáns teñen moito mérito porque asumiron a súa situación.
Aí radica o seu mérito.

Persoas voluntarias:

-Que fan canto ben poden sen pedir nada a cambio.
-Que axudan en asociacións de tipo benéfico.
-Que contribúen a mellora-la calidade de vida dos máis necesitados.
-Que co seu labor desinteresado melloran o benestar social.
-Persoas que comparten o seu tempo acompañando na dor e na soidade.
-Persoas que comparten os seus coñecementos ensinando a quen lles pide axuda.
-Persoas que comparten os seu patrimonio con outras.

Este tipo de persoas teñen moto mérito porque –aínda que lles doe desprénderse do seu- saben compartilo con outras que teñen menos.
Aí radica o seu mérito.

Aínda que pareza mentira, existen persoas así.

¿Por qué existen persoas tan boas?

¿POR QUÉ EXISTEN PERSOAS BOAS?

Ese será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e polo mérito do seu bo proceder.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES