Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ter máis Bus

lunes, 19 de marzo de 2007
O de aproveitar os recursos ó máximo parece lóxico e imprescindible.

Que o transporte escolar que teña postos vacios os aproveite para transportar outras persoas debera térselle ocorrido hai tempo a quen corresponda. Pero bo será aproveitalo agora.
O transporte escolar, con grandes buses que acoden dúas veces ó día ás aldeas do noso país, vese cada día máis baleiro porque os nenos diminúen e os traxectos mantéñense.

Nas zonas máis arredadas, o transporte público é inexistente, agás o escolar que sempre se veu como algo distante e distinto no que non era conveniente mesturar as xeneracións.

As vellas prevencións veñen de caer, e as dúas consellerías implicadas, Educación e Política Territorial, poñen en marcha a campaña “Tés máis Bus”. Para que as prazas baleiras no Bus sexan utilizadas por outras persoas sin equipaxe, que coincidan en traxecto, que poidan subir e baixar en calquera parada, seguindo sempre as indicacións do acompañante escolar. E somente aboarán un euro.

Hoxe comeza este servizo en doce concellos galegos, augurándoselle un excelente resultado práctico, que é o que máis interesa.

Doce concellos, desde hoxe, teñen un Bus regular. Ou sexa, como di a campaña, “teñen máis Bus”. ¡Perfecto!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania