Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: Obriga de romper a cadea do odio

sábado, 17 de marzo de 2007
A do odio, do rancor, da vinganza. A cadea dos camiños e carreiros sen saída. A cadea dos insultos, as verdades a medias, as mentiras, as inxurias. Xa non serve a falsa, caduca e inhumana sentencia levítica do “ollo por ollo....” que, de seguila, “quedariamos todos choscos e cegos. Nunca o odio se venceu con odio nin a paz se acadou coa vinganza. Só o dinamismo dos pacíficos é quen de vencer esa maldita espiral” (Daniel L. Muñoz, Irimia). Hai milleiros de testemuñas no mundo. Seguidores do Mestre e Señor, Xesús.

Está presente (aínda quente) a polémica sobre o proceso humano/humanitario de De Juana Chaos. En certos sectores, por non ter interese en que se esclareza a verdade íntegra. Tanto na oposición (PP) como na Igrexa oficial (coa COPE ao fronte). Ámbalas dúas (¡a Igrexa non debería estar neste sucio xogo político!) dan a sensación de que están a ocultar ou escurecer a verdade.Non se lles nota gañas de distinguir nin de explicar a diferenza que existe entre dereito e moral e os seus respectivos ámbitos.Coa axuda de expertos, tendo en conta a xente sinxela e de boa fe que nolo pide, imos tentar de esclarecer a verdade obxectiva antes de que se instalen o odio e a mentira en nós mesmos e nos ámbitos da sociedade, incluída a Igrexa.Hai persoas interesadas en embrollar máis o problema e opóñense á decisión xudicial de que De Juana acabe de cumprir a condena no domicilio e din que non hai que facer concesión a quen non está arrepentido das súas accións. Como centro poñen ¡o arrepentimento!. ¡Unha falacia!

Aclaremos a cuestión. Como xa apuntei, non con palabras e ideas miñas, senón coas de persoas sabias, técnicas e entendidas neste tema: ”Está a se confundir o dereito coa moral. Certo que detrás de moitas leis, hai principios morais, pero non todos os cidadáns teñen que compartir os principios morais. Pero todos deben acatar as leis. De Juana matou a 25 persoas e xa pagou no cárcere o que lle esixe o Código Penal. A súa débeda coa xustiza está saldada. Aínda que non lles guste a alguén, esa é a verdade. Non se lle pode esixir máis nada. Alguén dirá que estaría ben que se arrepentira. Sí, gustaríanos, pero o arrepentimento atópase no ámbito da moral, non no do dereito. O arrepentimento pode reclamarllo a súa conciencia, pero non poden esixirllo nin a xustiza nin a opinión pública, por mal que saiba. Que estea máis/menos arrepentido para a xustiza non conta.Só conta que xa teña cumprido a condena impostaA decisión que tomou o Goberno non afecta á pena xa saldada, senón ao engadido dos tres anos máis que lle tocou e que xa non debera terse producido.O preso xa cumpriu boa parte destes outros tres anos no cárcere e acabará de cumprilos todos, integramente, pero farao en prisión domiciliaria, dada a precaria situación física na que se atopa. Non vexo trato de favor por ningures, nin entendo que o Goberno ceda á chantaxe de ETA. Francamente, se a chantaxe de ETA é esta, entón está ben claro que ETA está acabada. Iso non debería ser motivo de laios senón de alegría. Confundir o dereito e a moral para confundir aos cidadáns é explotar os seus sentimentos e tamén unha grave irresponsabilidade moral e política” (Josef/María Terricabras).

Todo isto deberían telo explicado a Igrexa, a oposición e o Goberno. Para os meus amigos/as, habituais lectores, non fai falla lles lembre que o domingo temos a oportunidade de escoitar a parábola da “misericordia” (do Pai Bo) que acolleu aos dous fillos: ao pródigo e ao maior que rexeitou ao pai e a propio irmán ¡Moi oportuna!.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES