Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (7)

miércoles, 08 de febrero de 2017
VIII. Consideracións finais. Claves de interpretación

A Virxe dos Milagres recibe unha devoción popular en moitas comunidades galegas. Sen embargo as conmemoracións máis relevantes, adicadas a esta advocación mariana, son as que se celebran nos santuarios existentes en Amil (Moraña) (Pontevedra); en Monte Medo (Baños de Molgas) (Ourense); e, tamén, en Saavedra (Begonte) (Lugo).

Unha cuestión importante é a da vixencia destes santuarios romeiros. No que se refire aos Milagres de Saavedra, a súa vitalidade segue sendo moi importante, recibindo nos nosos postmodernos tempos a miles de persoas cada ano. Indubidablemente a área de influencia do santuario en canto a súa operatividade reflíctese nos portentos, que se lle atribúen á entidade sacra que nel se venera. Sen prodigios non hai posibilidade de crear devoción, xa que, segundo Rodríguez Becerra, os feitos milagrosos son a manifestación do poder da imaxe, á que acoden todos os necesitados na procura da solución de doenzas ou de problemas de índole familiar e social.

Respecto á imaxe de devoción (Virxe dos Milagres) de Saavedra, cómpre dicirmos que dende unha óptica oficialista opera como mediadora perante Deus e condensa toda a virtude e o poder sobrenatural; mais desde unha visión, ligada coa piedade popular, posue un poder e influencia propia, é algo inherente ao que simboliza. Polo tanto, con ela establécese unha importante comunicación por medio da palabra e de certas actitudes somáticas encamiñadas a acadar o seu amparo e benevolencia. Sen embargo, este favor sacro hai que relacionalo ao grao de protección ás estructuras do intercamio económico igualitario nun xeito de “dou para que me deas”. En consecuencia, os devotos realizan rituais e deixan unha serie de ofrendas para satisfacer a súa parte no acordo.

Mais tamén a comunicación coas imaxes require de actos peninteciais propiciadores da graza divina. Así, no santuario dos Milagres aparecen signos relacionados coa penitencia, como ir camiñando dende o lugar de orixe dos devotos e andar de xeonllos ou descalzos arredor do templo.Camiñar é a forma máis sinxela de purificación e mortificación corporal. O carácter prenitencial da romaxe está ligado ao esforzo, que debe realizar o ofrecido para chegar á meta romeira, acumulando así méritos que propician ao ente sacro. Andar de xeonllos constitue unha forma de mortificación física que cada vez se realiza menos debido ás consecuencias negativas, que pode ter esta práctica para o organismo humano. Grazas aos cambios culturais dos últimos decenios, tanto a igrexa oficial como os devotos desenvolveron unha nova sensibilidade, que propiciou a decadencia de prácticas relixiosas como esta.

Finalmente, a actividade relixiosa do santuario compleméntase cunha dimensión laica ou profana na que os fieis en xeral gozan dun tempo de lecer; mercan productos de diferente índole, entre os que hai que salientar as rosquillas; xantan unhas racións de polbo, e atenden nas casas de seu aos invitados cun bo xantar. Logo, á noite, é o tempo para bailar unhas pezas.


IX. BIBLIOGRAFIA
ABEL EXPÓSITO, Xosé Manuel. Categoría: Linaxes. Saavedra-Begonte. ww.xenealoxía.org.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La religión del pueblo. Defensa de sus valores, Madrid: B.A.C., 1976.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel:: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2000.
BLANCO PRADO, J.M., e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, M.: Begonte. Pasado e Presente. Ed. Alvarellos, 1987.
BLANCO PRADO, J. M.: Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Begonte (Lugo): Servicio de Publicaciones Diputación provincial, 1991.
BLANCO PRADO, J.M.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
CACHEDA VIGIDE, Eduardo Aurelio.: La Religiosidad Popular en Galicia. El Municipio de Arzúa, Santiago: Ed. Deseño, 1991.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José.: Santuarios de Galicia ( Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982.
DE SAÁ BRAVO, Hipólito.: Creencias del Costumbrismo Religioso en Galicia, Pontevedra: Deputación Provincial, 1991.
DÍAZ TEIJEIRO, José.: Recuerdo del Santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Saavedra (Lugo), Santiago : El Eco Franciscano, 1971.
FRAGUAS, Antonio.: Romarías e Santuarios, Vigo: Galaxia. Biblioteca Básica de da Cultura Galega, 1988.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros, Vigo: A Nosa Terra, 1993, páx. 153.
GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel.: Inventario Artístico de Lugo y su Provincia, Madrid: Ministerio de Cultura. Dirección General de Bellas Artes y Archivos, 1983.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.: “ Rito, funciones y significado”, en Música oral del Sur. Música hispana y ritual, nº 9, Junta de Andalucía, 2012.
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín.: “Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular”, en Rev. Encrucillada, nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987.
MOREIRAS SANTISO, Xosé.: “ A relixiosidade popular no sector rural”, en Rev. Encrucillada, nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978, páx. 64.
PRAT I CAROS.: " Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios, Anthropos, Barcelona, 1989.
TABOADA CHIVITE, Xesús:. Etnografía Galega. Cultura Espritual, Vigo: Galaxia, 1972.
WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 134.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania