Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 02 de febrero de 2017
O latexo do noso vivir

Pingas de orballo
Aí está. Coa forza dunha ilusión. Coa ilusión dunha carga familiar. Porque día a día é terra, é aire, é sorriso e gargallada, é loita e calma. Porque día a día sabe da súa responsabilidade. Porque ti, muller, es o latexo do noso vivir, es o espazo que ocupa todo o noso tempo. Es o tempo eterno nas nosas vidas. Es o silencio da noite e a angueira de todo o día, de todos os días. Aí está. Coa loita ansiosa ante as adversidades. Coas adversidades que agachan a cabeza ante a súa constancia. E miras para o home e pensas nos fillos; e segues. Porque ti, miña dona, es a argola na que nos agarramos os tres. Porque ti, muller, es a música dun asubío e o asubío dun tema de amor, e de nostalxia, e de melancolía, e de morriña. Es o vivir dun revés, doutro revés. Porque non te deixas vencer. Porque nada nin ninguén che fará chantar os xeonllos. Porque vives por e para os teus. Aí está. A miña dona. Ó meu lado. Ó noso lado. Sempre. Vai por ti, neniña.

A opción dos pobres

Son antimadridista. O que significa que, máis ou menos, queira que gane o Barcelona. Pois non! E moito menos na Copa do Rei. Porque para este molgués que escribe, a Copa do Rei de fútbol é a opción dos pobres. De aí que no partido Barça-Real Sociedad quería que ganasen os donostiarras. Porque se presumía que era o equipo modesto en comparación co catalán. Presumíase e é, claro; iso aínda que houbese vencido. Na Copa do Rei sempre serei dos modestos. A non ser que haxa equipos galegos. Na Liga quero que gane sempre o Barcelona (menos contra os galegos) para amolar ós do Madrid. E porque, ademais, de que vale que o Bilbao (outro exemplo) Pingas de orballolle gane ó Barça, se no seguinte partido, ó mellor, perde có Granada ou có Osasuna. Por iso me gusta tanto a Copa. Porque aquí non hai Barça nin Madrid nin rabo de gaitas. Aquí hai a opción de que un pobre, un modestiño chegue á final e incluso pode que erga o trofeo ata o infinito e máis alá. Se non pode ser o Celta... hala, Alavés!

Falando dos títulos de crédito

Se remato axiña, aínda podo ver case a película enteira. Digo case, porque a película xa empezou hai media hora. Nunca me gustou ver as películas empezadas. É máis, incluso se perdo os títulos de crédito iniciais, xa case prefiro non vela. Hoxe aínda a penso ver logo de case unha hora (a media hora que leva e máis o tempo que bote no ordenador), porque xa a vin, porque non é que sea boa e porque o único que quero é matar a noite. Falando dos títulos de crédito; agora é raro que as películas poñan os títulos de crédito ó principio. Pois mal feito! Ás veces bótome toda a película pensando nese actor ou actriz do que non me sae o nome. Se o houbese visto ó principio, zas, pois era esa ou ese. Non véndoos ó principio, esquécete xa deles; porque as televisións, tan axiña como remata o filme, ale, xa cortan. Incluso a primeira cadea!, que debería de ser a que nos ensine a todos. E hai que lembrar que unha película vai desde o primeiro fotograma ata o derradeiro fotograma.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES