Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deformación grotesca e caricatura desta democracia

jueves, 02 de febrero de 2017
Desde o Preguntoiro:
Deformación grotesca e caricatura desta democracia

Imos ver... Intentarei resumir desde o meu punto de vista e raciocinio, toda a desfeita deste país de pandeiro desde que comezou aqueles tempos do ladrillo e formigón, tempos de bonanza, dicía Aznar. Bonanza sustentada baixo uns alicerces moi febles como castelo de naipes, ata chegar ata a actualidade cunha grande estafa ao pobo español, creando unha rede clientelar mafiosa cunha corrupción galopante.

O Aznar daqueles tempos, cando falaba de bonanza coido que o seu intelecto puido chegar a ser un novo García Márquez, ou quizais un novo Cervantes. Darvos conta que foi o home que apoiou á salvación de Irak con tropas pacifistas ¿Coido que lembrades aquel trío das Azores cantando Imagine de Jhon Lennon?.

Quixo emular ao grande pintor dos círculos concéntricos Vasili Kandinski, (desta xa estaba de vicepresidente do goberno Mariano Rajoy el Sr. de los hilillos), colleu os pinceis e a brocha pintando as costas de Galicia con pintura negra, dando voltas e máis voltas ao centro da brocha, para lograr eses círculos concéntricos, case o acada, faltoulle unha pincelada máis para rematar ese cadro da Galicia tenebrosa. Porén, o pintor colleu “prestixio” dabondo.

O expresidente quixo, case o acadou, de pechar toda a costa do Mediterráneo con ladrillo e cemento e os bancos a enterrar diñeiro a esgalla, todo era unha festa. Algunhas obras aínda quedaron a medio facer por falta de “técnicos políticos” que pedían máis comisións.

¿Quen non se lembra dalgunhas palabras egocéntricas deste Sr. de As Azores?. Citas moi importantes que quedaran para a historia como un grande estadista dun país imaxinario da súa mente de tiruleco e turuleque: “El milagro soy yo”, Me encanta inspirarme en el silencio como Leonardo da Vince”, “Yo solo confío en mi mismo”. ¡Manda carallo na Habana para este tiruleco!

Porén, para rematala, despois de ser pacifista e pintor, o máis ilustrativo foi cando escribiu o libro “Memorias”, onde recollo algúns dos seus escritos que son para merecer o premio Nobel de Literatura. Vostedes lectores podedes xulgar como é o seu grande intelecto: “Muchas veces me han preguntado cómo sé que soy especial. Es difícil de decir; digamos que siempre lo he sabido. Ya desde el colegio, sabía que ninguno de los que me rodeaban estaba a mi altura. Como delegado de mi clase, en 3ºB, tomé la decisión de ocupar 3ºD y librar a aquellos pobres chicos del pésimo delegado que habían elegido. No fue una decisión sencilla; tuve que mandar a varios muchachos a combatir al patio, pero, al final, obtuvimos la victoria. Ese día supe que estaba destinado a algo más grande que yo mismo.

La primera vez que supe que no era un ser humano corriente, lo recuerdo bien, fue cuando ETA voló mi coche conmigo dentro. Salí de allí, envuelto en llamas, y pensé: ¿cómo es posible que haya sobrevivido? Nadie se lo explicaba. Los médicos no encontraban una respuesta, tampoco mi personal de seguridad. A todo el mundo le pareció… Milagroso. Esa noche soñé con Dios. Era una luz, no tenía rostro, pero sí voz. Me iluminó con su haz y me dijo: “Jose Mari, si te he salvado es porque te necesito vivo para que lideres a la humanidad”. Me dijo un par de cosas más, pero son personales. Aquella experiencia me cambió, por supuesto. Desde entonces soy mucho más humilde.

Me atrevo a decir que George es mi mejor amigo. Compartimos una ambiciosa visión del mundo, la visión de los líderes de la humanidad. George me planteó un reto fascinante, que consistía en convencer a todo un país de que nosotros teníamos razón mientras les matábamos. Nunca antes se había intentado algo tan ambicioso, así que acepté inmediatamente. Fue una gran experiencia de la que guardo muchos buenos amigos.

Creo que un hombre debe cuidarse con independencia de su edad. A todos nos gusta sentirnos sexys, también a mí. Empecé corriendo cinco kilómetros al día; hoy corro veinte y no sudo. Claro que nunca he sudado. Mi médico dice que es un trastorno glandular, pero yo lo llamo don.”

Como observades, este home pode rematar escribindo sonetos e recitando poemas de amor e paz. Segundo comenta no seu libro que veu a Deus en soños; por iso na actualidade cada día é moito máis humilde e pode ser o elixido para volver a liderar á humanidade. O que me “mosquea” un pouco son esas cousas persoais que lle contou Deus, puidera ser que lle dixera algo relacionado quen tiña que ser o seu herdeiro para seguir esfolando este país.

¿Como pode ser un home tan “culto” que non súa e ao dicir : “nosotros teníamos razón mientras les matábamos” presidente de España?. É algo que moitos sociólogos e psiquiatras non logran comprender.

Daqueles pos veñen estas lamas de agora, pasando un intermedio de goberno cos Socialdemócratas Liberais ao mando de Zapatero que de principio intentou corrixir a desfeita de Aznar, non lle deixaron, chegando a facer a mesma política que os neoliberais salvaxes, con unha ou outra reforma progresista que non repercutía en nada ao poder financeiro. Porén, temos que dicir en honor á verdade que aguantou a Caixa das Pensións, incrementado 2 mil millóns máis dos 65 mil millóns que había. Ao final rematou cubríndose de gloria de carallo, trocando o artigo 135 da Constitución co apoio do PP, con nocturnidade e aleivosía, primando o rescate da banca antepoñendo os intereses da maioría da xente do común deste país e implantando unha reforma laboral inquisidora
Chegou o elixido, o herdeiro de Aznar prometendo que non tomaría medidas de rescate, os impostos non subirían e non habería máis reforma laboral. A cousa trocou cando subiu ao poder fai catro anos, quixo facer bo ao seu mentor superando as maldades que fixera. Quixo ser pintor e superouno: encheu este pais de pintura de moitos cores acotío, esbandallando de podremia corrupta de parte a parte do país como unha mafia en conexión con paraísos fiscais (Panamá, Suiza, Andorra, Luxemburgo). Deulle carta branca aos empresarios (reforma laboral) para facer os escravos que queiran, saqueou a caixa das pensións, grandes recortes na Sanidade Pública e entregándoa a sanidade privada e outro tanto no ensino público, quixo taparnos a boca cunha ley ao estilo de Paca la Culona chamada a Lei Mordaza.............. Non podo enumerar todas as falcatruadas que fixo estes catro anos de goberno e un en funcións deste chafallas, por que faría falla unha morea de folios para contar todo o que pintou neste país coa brocha gorda da impunidade.

Agora volveu outra vez ao goberno (para desastre deste país) por unha maioría minoritaria apoiado por un partido que se di de esquerdas PSOE e un partido de cuñados falangitos en versión moderna. Unha coalición deste trío esperpéntico que detrás do bufo, o grotesco, absurdo e o cómico, sempre acontece en cada comisión parlamentaria unha situación dramática para a maioría do pobo, onde todos os elementos deste esperpento serven para ensinarnos toda a vida miserable deste país.

Este Sr. dos “hilillos”, segue no seu posto facendo o mesmo que fixo anteriormente co visto bo do PSOE e Ciudadanos: seguen co control total de os medios de comunicación (xornais, radio e televisión) vertendo subcultura, manipulacións, terxiversacións e mentiras. Xornalistas e tertulianos ben pagados, unha lei “mordaza” ao estilo de Paca la Culona. Sindicatos sobornados, o clero facendo o que quere, a casa real apoiandos e vivindo á costa do pobo, empresarios con carta branca para facer os escravos que queiran, aforados a moreas, policía e exército controlado, enquisas falsas, e por último: unha chea de millóns de cidadáns “gilipollas” que lles cremos as súas mentiras. “España es la deformación grotesca de la civilización europea” (Valle-Inclán, Luces de Bohemia).
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES