Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cruceiros da Terra Chá: Xermade (II)

viernes, 16 de marzo de 2007
ALGUNHAS TIPOLOXÍAS DOS CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES DE XERMADE
Autores: Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado, Mario Saavedra Pérez.

PUBLICADO EN “CADERNO DE ESTUDIOS CHAIREGOS”. Nº3, VILALBA, 2006, páxs. 73-112.

Con respecto ós materiais empregados case tódolos cruceiros, cristos e cruces están construídos de granito, agás os elementos das seguintes manifestacións artísticas:

1.- PLATAFORMAS
1.1. Cruceiro da “Casa de Pascualinas” (II) (4) (Burgás). Plataforma de dous chanzos de granito e cemento.
1.2. Cruceiro do Medio (5) (Burgás). Plataforma dun chanzo de cemento.
1.3. Cruceiro das Pedregosas (22) (Candamil). Plataforma de dous chanzos de cachotería.
1.4. Cruceiro do Castellano (24) (Candamil). Plataforma de tres chanzos: os dous inferiores de cachotería.
1.5. Cruz da “Casa da Pena” (28) (Candamil). Cruz de formigón.
1.6. Cruz do adro da igrexa (30) (Cazás). Plataforma formada por dous chanzos de cachotería, revestidas de cemento.
1.7. Cruceiro da Pedra do Val (35) (Cazás). Plinto de cachotería.
1.8. Cruceiro da Casavella (37) (Cazás). Plataforma de tres chanzos: os dous inferiores de cachotería.
1.9. Cruceiro da ermida da Pastora (38) (Cazás). Plataforma de tres chanzos de cachaotería.
1.10. Cruz de ferro da ermida da Pastora (39) (Cazás). Plataforma de dous chanzos de cachotería.
1.11. Cruceiro da Carballosa (42) (Cazás). Plataforma de dous chanzos de cachotería.
1.12. Cruceiro de Freán (44) (Cazás). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
1.13. Cristo de Besura (48) (Lousada). Plataforma dun chanzo de cachotería e un plinto do mesmo material.
1.14. Cruceiro do Cemiterio (Pazo) (49) (Lousada). Plataforma composta de tres chanzos de cachotería.
1.15. Cruz da Veiga (50) (Lousada). Cruz de madeira.
1.16. Cruceiro de Vilachá (51) (Lousada). Dúas gradas de pedra.
1.17. Cruz de Vicenta Balsa (55) (Lousada). Plinto de cachotería.
1.18. Cruceiro do Cemiterio (56) (Lousada). Plinto de cemento.
1.19. Cruceiro do adro da igrexa (58) (Miraz). Plataforma formada por un chanto de xisto.
1.20. Cruceiro do adro da igrexa (59) (Momán). Plataforma de dous chanzos: o inferior de cachotería.
1.21. Cruceiro do Pichel (60) (Momán). Plataforma de tres chanzos de cachotería.
1.22. Cruceiro da Pigaroa (67) (Momán). Plataforma de cachotería.
1.23. Cruceiro da Cerveira (70) (Piñeiro). Plataforma: un chanzo de cachotería.
1.24. Cruz do Sanche Pequeno (72) (Piñeiro). Plataforma: tres chanzos de cachotería.
1.25. Cruz de Ribeira (I) (73) (Roupar). Plataforma: dous chanzos de cachotería.
1.26. Cruz de Ribeira (II) (74) (Roupar). Plinto de cachotería.
1.27. Cruceiro novo do adro da igrexa (76) (Roupar). Plataforma: tres chanzos de cachotería.
1.28. Cruceiro do adro da igrexa (77) (Roupar). Plataforma de tres chanzos, dous revestidos de pedra de pizarra.
1.29. Cruceiro das Barreiras (80) (Roupar). Plataforma: dous chanzos de cachotería, revestidos de cemento.
1.30. Cruceiro do Campo (82) (Roupar). Plataforma: tres chanzos de cachotería.
1.31. Cristo dos Fornos (83) (Roupar). Plataforma circular de cachotería.
1.32. Cruceiro da Torre (86) (Roupar). Plataforma de dous chanzos, o inferior de cachotería.
1.33. Cruz das Casas Novas (90) (Xermade). Plataforma de dous chanzos, o inferior de xisto.
1.34. Cruceiro de Castiñeiras (91) (Xermade). Plataforma de dous chanzos de cachotería.

2.- BASES CONSTITUÍDAS POR UN CHANTO DE XISTO DE FORMA ALARGADA
Cruz do “Camiño da Touza” (16) (Cabreiros). Cruz de Cabreiros (20). Cruz do Carregal (21) (Cabreiros). Cruz de ferro (29) (Candamil). Cruz de ferro (62) (Momán). Cruz da Pallota (I) (64) (Momán). Cruz da Pallota (II) (65) (Momán). Cruz do Fonxérez (66) (Momán).
En relación ós cruceiros e cruces, provistos de data, adoitan tela dun xeito preferente na base e no fuste, agás o cruceiro das Barreiras (Roupar) que a mostra no capitel e as cruces da Veiga e Orxás que o fan na cruz.

1. Data na Base.
1.1. Cruceiro da “Casa de Charón” (Burgás). 1882.
1.2. Cruceiro da “Casa de Pascualiñas” (I) (Burgás). 1895.
1.3. Cruceiro do Revellón (Cabreiros). 1898.
1.4. Cruceiro do adro da igrexa (Cabreiros). 1870.
1.5. Cruceiro de Leboré (Cabreiros). 1895.
1.6. Cruceiro da Touza (Cabreiros). 1884.
1.7. Cruceiro do Rego (Cabreiros). 1909.
1.8. Cruz do adro da igrexa (Cazás). 1940.
1.9. Cruz da Golpilleira (Cazás). 1976.
1.10. Cruceiro do Cemiterio (Pazo) (Lousada). 1815.
1.11. Cruz da Pallota (I) (Momán). 2000.
1.12. Cruceiro da Xunqueira (Piñeiro). 1822.
1.13. Cruceiro da Panda (Piñeiro). 1885.
1.14. Cruceiro do Campo (Roupar). 1902.
1.15. Cruceiro do adro da igrexa (Xermade). 1957.
1.16. Cruz das Casas Novas (Xermade). 1894.

2. Data no Fuste.
2.1. Cruceiro dos Currás (Burgás). 1990.
2.2. Cruceiro do Xastre ou de Longo (Burgás). 1877.
2.3. Cruceiro do adro da igrexa (Cabreiros). 1870.
2.4. Cruceiro da “Casa da Pena” (Candamil). 1823.
2.5. Cruceiro do Pichel (Momán). 1894.
2.6. Cruceiro do Camiño (Xermade). 1855.

3. Data no Capitel.
3.1. Cruceiro das Barreiras (Roupar). 1948.

4. Data na Cruz.
4.1. Cruz da Veiga (Lousada). 1900.
4.2. Cruz de Orxás (Lousada). 1823.

Finalmente dicir que amosan bibliografía cincuenta e dous cruceiros, un cristo e cinco cruces (59). As obras nas que aparecen citadas estas manifestacións artísticas son as seguintes:
1ª.- Inventario Artístico de Lugo y su provincia (60).
2ª.- Inventario Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de Xermade (61).
3ª.- Cabreiros e un pouco do seu entorno (62).
4ª.- Xermade, o meu pobo (63).
5ª.- Os nosos cruceiros (64).
6ª.- Os Cruceiros (65).

III.- BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
- Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº76, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1998.
- Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº81, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1999.
- Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 87, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2000.
- Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Castro de Rei”, en El Legado Cultural de la Iglesia mindoniense. I Congreso do Patrimonio da Diócese de Mondoñedo, 2000, páxs. 497-506.
- Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. “Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Guitiriz”, en Os Canteiros. Actas das xornadas celebradas en Parga (Guitiriz), 2000, páxs. 31-41.
- Arribas Arias, Fernando, Blanco Prado, José Manuel e Saavedra, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristo e Cruces da Pastoriza. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 92 , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2002.
- Arribas Arias, Fernando e Blanco Prado, José Manuel. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Cospeito”, en Caderno de Estudios Chairegos, nº 1, 2002, páxs. 99-117.
- Arribas Arias, Fernando., Blanco Prado José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristo e Cruces de Xermade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 94 , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2004.
- Arribas Arias, Fernando, Blanco Prado, José Manuel e Saavedra Pérez, Mario. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de A Pastoriza”, en Caderno de Estudios Chairegos, nº 2, 2004, páxs. 123-146.
- Arribas Arias, Fernando., Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro, e Reigosa Carreiras, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (I)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987.
- Arribas Arias, Fernando., Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro, e Reigosa Carreiras, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (II)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987, páx. 7.
- Baamonde García, Alfonso A e Castro Rodríguez, A. “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega”, en El Progreso, diario de Lugo, 22-8-1987, páx. 7.
- Blanco Prado, José Manuel e Rodríguez Sánchez, Manuel. Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1988.
- Blanco Prado, José Manuel. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1990.
- Blanco Prado, José Manuel. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1996.
- Cendán Fraga, A. “Os cruceiros de Vilalba”, en El Progreso de Lugo, 31-8-1988, p33.
- Cendán Fraga, A. “Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido”, en El Progreso de Lugo, 29-12-1989, páx. 9.
- Comarca da Terra Chá. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
- Flores Rivas, Luis Hixinio. “A cultura material representada nas construccións populares: un elemento a conservar na Terra Chá”, en Boletín Terra Chá, nº 1, Orgao das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, 1997, páxs. 28-30.
- Gil Agras, H. “Os cruceiros de Bretoña”, en El Progreso de Lugo, 17-8-1991, páx. 37.
- González Reboredo, X.M. e outros. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Ts. I-VI, 1975-1983.
- Laredo Verdejo, J.M. Os Nosos Cruceiros. A Coruña: Ed. Boreal-Xuntanza, 1993.
- Pernas Bermúdez, Carmen. “O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba” (I) e (II) en El Progreso, diario de Lugo, 30-4 e 1-5 do 1998, páx. 16.
- Pernas Bermúdez, Carmen. “As cruces de pedra no olvido” en Pena do Encanto, Boletín Informativo do Instituto de Estudios Chairegos, nº 1, 2001.
- Rodríguez Castelao, A. As cruces de pedra na Galiza. Madrid:Akal, 1975. Ed. facsímil da que se levou a cabo en B. Aires en l049.
- Trapero Pardo, J. “Os cruceiros”, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación Provincial de Lugo, nº 27, 1974, páxs. 25-40.
- Vivero, Orlando. “O Latín dos canteiros”, en Terra Chá, Órgao das Brigadas en Defenda do Patrimonio Chairego, nº 2, 1997, páxs. 4-5.

NOTAS:
59. Cruceiros da “Casa de Charón” (Burgás), da “Casa de Pascualiñas” (I e II) (Burgás), do Medio (Burgás), do adro da igrexa (Burgás), de Alboiana (Burgás), dos Currás (Burgás), do Xastre (Burgás), do S. Martiño (Cabreiros), do Revellón (Cabreiros), do adro da igrexa (Cabreiros), de Leboré (Cabreiros), da Touza (Cabreiros), do Empalme (Cabreiros), do Rego (Cabreiros), de Cabreiros (Cabreiros), das Pedregosas (Candamil), do adro da igrexa (Candamil), da “Casa da Pena” (Candamil), do Cemiterio (Cazás), do Calvario (Cazás), do Aruxo (Cazás), do Cemiterio (Cazás), do Covillón (Cazás), da Casavella (Cazás), da Pena de Arca (Cazás), da Carballosa (Cazás), de Freán (Cazás), de Augas Roibas (Cazás), do Cemiterio (Pazo) (Lousada), de Vilachá (Lousada), da Casavella (Lousada), do Campo da Feira (Lousada), do Cemiterio (Lousada), do adro da igrexa (Miraz), do adro da igrexa (Momán), do Pichel (Momán),do Campo da Feira (Momán), da Pigaroa (Momán), da Xunqueira (Piñeiro), de Ferreirías (Piñeiro), da Cerveira (Piñeiro), da Panda (Piñeiro), novo do adro da igrexa (Roupar), do adro da igrexa (Roupar), das Barreiras (Roupar), do Campo (Roupar), da Criba (Roupar), do adro da igrexa (Xermade), Cristo Enxoito (Xermade), de Castiñeiras (Xermade)e do Camiño (Xermade). Cristo de Besura Lousada).
Cruces da Veiga (Lousada), das Regas (Lousada), de Vicenta Balsa (Lousada), de Orxás (Lousada) e das Casas Novas (Xermade).
60. Gzlez. Reboredo, José Manuel, Rielo Carballo, Nicanor y otros. Inventario Artístico y Lugo y su provincia, Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.Tomos. I-VI, 1976-83. Nesta obra só se fai referencia a localización dos cruceiros.
61. Diario Oficial de Galicia, nº 18, 25-I-1990, páx. 760. O diario unicamente fai mención a ubicación dos distintos cruceiros.
62. Comisión de Festas, 1998. Cabreiros e un pouco do seu entorno. Lugo: Asociación de veciños de Cabreiros, 1998, 103 pags. Obra adicada a estudiar diferentes aspectos dos cruceiros de Cabreiros (Xermade).
63. Xermade, o meu pobo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1994. En cinco páxínas, de medianas dimensións, os cursos superiores de E.X.B. (1994) do “Concello de Xermade”, fan referencia a algúns contidos dos cruceiros do devandito municipio.
64. Laredo Verdejo, J.M. Os nosos cruceiros. A Coruña: Ed. Boreal-Xuntanza, 1993. T. I-II. Nesta obra analízanse algúns aspectos dos cruceiros situados nos adros das igrexas de Cabreiros e Roupar, así como o Cristo Enxoito de Xermade.
65. Trapero Pardo, José. “Os Cruceiros”, en Lucus (Deputación), nº27, Lugo, 1974. Neste artigo faise alusión ó Cristo Enxoito de Xermade.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania