Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parágrafo retranqueiro, parágrafo doente

lunes, 30 de enero de 2017
Parágrafo retranqueiro, parágrafo doenteTeño denunciado moitas veces que Galicia é o cu do mundo e Ourense o ollo do cu. É mentira! Acabo de descubrir que en Ourense vivimos coma Deus, que somos uns nugalláns de moito coidado. Temos a tasa de actividade máis baixa de España. É dicir, estamos a velas vir. Si, porque o ministro De Guindos di que "España está crecendo e a creación de emprego é consecuencia do crecemento económico e as nosas políticas" (ou sexa, as do PP).

España crece e traballa. Os de Ourense miramos como traballan os demais. Somos así de retranqueiros. E somos tan chulos, tan buscabullas que, ó día seguinte, asoma outra noticia esplendorosa: "o aforro dos ourensáns volve crecer". Aí está!, a inercia bíblica!... cáennos os pan cocidos do ceo! Non traballamos, crece o emprego e aforramos que nin-diola! Ó mellor son os bois de San Isidro que traballan por nós. Ó mellor.

Parágrafo retranqueiro, parágrafo doenteToca agora o parágrafo serio, doente, enfurecido, que non ten nada que ver co anterior, pero... Pero impresionoume a noticia que hai xa uns días lin sobre un xogador colombiano que denunciaba os insultos racistas con que o recompensan polos campos de fútbol da nosa Comunidade. E sei que se xogara fóra de Galicia, pasaríalle o mesmo. Porque lles pasa a moitos. A súa gran denuncia consistía en que estaba a piques de deixar o fútbol canso xa de tanto fillo de puta, mono e negro de merda entre outras lindeces. Deixar o fútbol! Un rapaz! Porque, ollo ó dato, escóitaos desde infantil. É dicir, a unhas idades nas que van acompañados dos pais. Que pensarán, que sentirán os seus pais ante isto? Para as medidas a tomar, moitos xa estarán pensando na educación, coma se non souberamos desde nenos que iso está mal, que todos somos persoas. No fútbol habería que suspender os partidos e que os energúmenos fosen insultar ás súas nais nas súas casas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES