Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (6)

miércoles, 01 de febrero de 2017
V. Lendas de portentos
O santuario conta coas correspondentes narracións orais encamiñadas a amosar o poderío da Virxe dos Milagres. As máis espalladas son catro, das que damos un resumo a seguir:

1ª. En tempos da francesada, no ano 1809, os invasores tentaron entrar no templo cos seus cabalos para alí pasar a noite. Pero víronse sorprendidos, xa que, malia reiteradas insistencias, non conseguiron penetrar e profanar o templo, proba da protección sacra de que gozaba este lugar, reservado como morada da Virxe”.

2ª. O señor de Vilaguisada tiña un criado que saiu unha noite a beber cuns coñecidos. Éstes matárono e o deixaron diante da porta do curral do seu amo. A xustiza levou preso ao señor de Vilaguisada como autor do crime, negando éste tal feito. Antes de ser xulgado, pediu ir rezar á Virxe dos Milagres, séndolle concedida tal petición. Entón, indo polo camiño real, pasaron diante dun lugar chamado Fontetián, onde naquel tempo había unha fonte ligada ao culto á Virxe. Neste lugar pediu aos seus gardas que lle deixasen beber, ao que estes accederon. Isto deu lugar a que as cadeas coas que viña preso caesen aos seus pés. Pero os gardas volveron poñerllas, sendo conducido ao santuario. Alí, ao rezar as primeiras oracións, volvéronlle caer as cadeas, quedando deste xeito, para confusión dos seus acusadores e sen necesidade de xuizo, demostrada a súa inocencia. Este señor, logo de varios anos, morreu, sendo enterrado no lado esquerdo do altar. Díse que o día do seu enterro a comitiva cubría unha distancia de tres quilómetros.

3ª. Nunha casa chamada do Pozo, preto do santuario, declarouse un incendio nun palleiro situado na eira. As lapas eran tan considerables que ameazaban con propagarse a cinco medas. Un membro da familia, ante a posibilidade de quedar sen colleita de gran aquel ano, acudiu á rectoral, rogando ao párroco que lle deixase levar a imaxe da Virxe ata a súa casa. Obtido o permiso e levada a Virxe ao lugar do incendio, o vento cambiou de dirección, cesando o perigo de propagación do lume.

4ª. En tempos da francesada, no ano 1809, os membros da comunidade parroquial gardaron a coroa da Virxe baixo un montón de follas secas no lugar das Revoltas, preto do santuario. Segundo a tradición, os franceses estiveron percorrendo os arredores do recinto sacro na procura da devandita coroa mariana. Logo da súa marcha, os paisanos da comunidade atoparon a coroa da Virxe baixo a restreba na que fora ocultada.

Os tres primeiros feitos están reflectidos nunha serie de cantos, que se lle dedican á Virxe no seu novenario.

VI. Cantos á Virxe dos Milagres (1)

Vos sois sol y luna hermosa
de más alta luz origen,
ruega por nosotros, Virgen
Reina y Madre Milagrosa.

En este lugar dejaste
tu imagen consoladora,
en Saavedra, ¡oh, gran Señora!
parece que señalaste
ser Vos sola Milagrosa.

Al señor, al pordiosero,
como a todos los que lloran,
si con fe tu amparo imploran,
con un fervor verdadero,
le entregarás todo entero
tu corazón generoso,
si eres inocente, serás dichoso.

Devuelves la libertad
que pide con ansiedad
de rodillas a tus plantas
al que gime prisionero.
Y sus cadenas quebrantas
con virtud prodigiosa.

Cuando al impio francés
profanar quiso este templo
llevó gran lección y ejemplo
sujetándole los pies.
Para que conozcan quién es
la que es grande y poderosa.

En este mismo lugar,
han visto con excelencia
que por vuestra sola presencia
los incendios se apagaron.
Escucha, pues, tu cantar,
Madre mía bondadosa.

Los romeros a millares,
vienen a ver el portento,
por sus devociones singulares
les das gracias especiales.
Y cantan emocionados
¡Salve Virgen Milagrosa!.

¿Qué más diré en tu alabanza
¡oh Virgen Inmaculada!
de virtudes coronada,
de los hombres la esperanza,
y de toda su bonanza,
Madre mía Milagrosa?.



VII. Resumo dos rituais e ofrendas existentes no Santuario dos Milagres de Saavedra
Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (6)



NOTAS:
1. DÍAZ TEIJEIRO, José.: Recuerdo del Santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Saavedra (Lugo), Santiago: El Eco Franciscano, 2ªed., 1971, páxs. 39-40.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES