Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reinventar o inventado

sábado, 28 de enero de 2017
Acabo de ler con incompleta ledicia a resolución por medio da cal a Axencia de Turismo de Galicia, ¡por fin!, decidiu crear uns premios destinado a promover o "recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia".

Vai para 27 anos que os nosos veciños do norte, a través da Fundación Príncipe de Asturias e do propio Principado, levan promovendo unha iniciativa denominada "Premio al pueblo ejemplar de Asturias", que ten como obxectivo recoñecer "al pueblo, aldea, núcleo de población, espacio paisajístico o grupo humano del Principado de Asturias que haya destacado de modo notable en la defensa y conservación de su entorno natural, ambiental, de su patrimonio histórico, cultural o artístico, en iniciativas de impulso económico y social o en la realización de obras comunales u otras manifestaciones de solidaridad extraordinaria", e gracias á cal, ducias e ducias de pequenas aldeíñas repartidas ó longo e largo da nosa comunidade "curmá" se teñen visto completamente transformadas e envexablemente recuperadas en moitos casos do abandono que por desgracia tamén sofren por alá.

Digo, pois, que acabo de ler con incompleta ledicia a noticia da iniciativa do departamento responsable do turismo da Xunta, porque cando algo xa foi inventado e funciona, resulta moito máis nobre, honesto e mesmo humilde pedir permiso da forma que haxa que pedilo e reproducir de forma adaptada o orixinal, ca pretender reinventalo porque o máis seguro é que se faga unha mala copia do orixinal e aínda por riba se note que o que se quixo foi copiar tratando de dar a entender que se estaba inventando o que xa non había que inventar porque xa estaba inventado.

Felicito, logo entón, ós promotores da iniciativa porque, como di o adaxio "nunca é tarde...", pero felicítoos incompletamente, tanto pola denominación do premio, por carecer de sentido e de significado axeitado ó que se quere premiar -co doado que sería, simplemente, galeguizar o premio asturiano!-, xa que "parabéns" pódeselle dedicar tanto ó que está de aniversario coma ó que acaba de gañar un maratón, un campionato de tute ou un concurso de baile na festa do patrón, coma o que acaba de pescar unha troita de cinco quilos, que non sei se as hai.

En fin... Benvidos, en todo caso, os "Premios Galicia Parabéns" porque se son quen de se consolidar, poden promover unha tendencia positiva cara o "bonitismo" e un maior recoñecemento pola estética da paisaxe, xa sexa rural ou urbana, que é un xen do que levamos nacendo doentes dende hai máis de medio século os galegos de a pé. E os arquitectos, tamén.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES