Poñer cancelas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de enero de 2017
Tratándose do medio rural galego, nun hai moito tempo que o gando levábase pacer ás chousas e se estas tiñan unha cancela na entrada, xa se podían deixar soas porque a cancela garantía que non sairán ata que o amo lles abrira.
En cambio, se o espazo era aberto, o gando podía campar ás súas anchas e se había algún prado ou algunha horta cerca; o gando aproveitaba porque tonto non é.
Certamente que os animais como son irracionais- necesitan uns límites.
Tratándose dos humanos, a cousa xa cambia, porque somos seres racionais; é decir, temos uso de razón.
Certamente que o noso cerebro ten millóns de neuronas en funcionamento desde idades ben temperás; pero
¿Os humanos, non precisamos límites?
¿Non precisamos cancelas?
¡Vaia que se os precisamos!
¡E moitas!
E non se trata tan só de poñer límites ás criaturas de curta idade porque non teñen sentido.
Trátase de poñer límites a persoas adultas e, moitas veces, tamén ás que peiteamos canas.
-Se puxeramos as debidas cancelas ó teito do gasto; non caeríamos no consumismo.
E
¿Cantas veces caemos nese erro?
-Se puxeramos as debidas cancelas á hora de comer, apenas habería obesidade.
Pero habendo abundancia como hai nestes tempos
¿Quen se resiste?
-Se non houbera obesos, habería menos problemas cardíacos.
-Se non abusáramos dos dóces, non habería tantos diabéticos.
Pero
as enfermedades silenciosas son moi tentadoras porque cando avisan xa é tarde.
-Se puxeramos límite ó malgasto, non nos veríamos metidos en camisas de once varas en tantas ocasións.
¿Non existen persoas que viven por encima das súas posibilidades?
Claro que as hai porque poñer cancelas é sacrificado e o sacrifico non gusta a ninguén. (Falo por experiencia propia)
-Se puxeramos límite á mala educación na infancia, non habería tanto contestatario nos colexios, nos hospitais, coa autoridade...
¡Se o profesorado, o persoal sanitario, as forzas de seguridade cidadá falaran..!
-Se non xulgaramos ós outros, tampouco seríamos xulgados nós.
Pero á hora de xulgar
non nos quedamos cortos, aínda que tamén haxa persoas moi prudentes.
Hai quen non lle importa afundir ó outro aínda que sexa cunha calumnia
¿Incrible, verdade?
Pero en ocasións danse casos.
-Se puxeramos límite ó vicio, habería máis virtude e todo iría mellor.
En fin
¡Quédanos moito que aprender e moitos límites que poñer!
Os países que viven baixo un réxime dictatorial, séntense moi limitados.
Con razón porque ven limitada a súa liberdadede expresión.
Os países que viven en democracia; extralimítanse e din que se acollen ó dereito de liberdade de expresión e hai quen se atreve a calquera cousa; incluso a saltarse a lei.
Claro que a veces tamén hai leis que son inxustas; pero aínda así
En resumidas contas que cada persoa ten a súa vara de medir e mide como lle parece; pero nunha sociedade civilizada, deberíamos poñer límites para non interferir no espazo das persoas que temos ó noso carón.
Algo realmente difícil, pero non imposible.
Difícil, pero posible.
DIFÍCIL, PERO POSIBLE
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa colaboración á paz e á boa convivencia poñendo límites a tempo.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora