Señor: Hoxe xuntámonos aquí amigos de Elena e de José, para decirlle adeus ao corpo de Elena, para

acompañar a José e ás súas fillas, e para darche grazas, señor, por Elena e polas xentes que son coma ela.
Falo, señor, no nome dos amigos
sabendo que Elena e José entendían e entenden a amizade no sentido máis amplo. E o que é amigo, é irmán, é da casa, é da familia, ten as portas abertas, e abertos están sempre os seus corazóns para recibilo e atendelo.
Algúns de nós coñecimos a Elena e a José por ser amigos dos amigos
e convertíronse en amigos. E coñecímolos porque atendían a eses amigos no sentido máis amplo e completo
porque, como dixo o teu fillo, tiven fame e déstedesme de comer; tiven frío, e vestístedesme; tiven soedade e acompañástedesme
E por iso Señor, estamos convencidos, de que Elena e José Elena xa está contigo- forman parte deses aos que lles dixeches:
Vide, benditos do meu pai. Por iso tiñas présa por levarte a Elena
Por iso Elena soubo levar con enteireza, valentía e forza incribles a proba desta cruel enfermidade, que nin nos últimos momentos conseguíu doblegala, e da que consolaba aos seus con esa forza interior que só teñen os nosos santos de cada día.
Por iso, Señor, valoramos moi especialmente a santidade de cada día dunha persoa forte, entregada aos demais, familiar, vital, alegre, devota da humanidade, que sabe transmitir aos que a rodea a alegría de vivir, a confianza na familia, a fe no presente e no futuro.
Gracias, Señor, por Elena, e por todas as Elenas do mundo que fan posible seguir adiante e superar todas as dificultades. Gracias por Elena públicamente- no nome de todos os que chas están dando coa súa oración.
Gracias no nome de todos os que recibiron de Elena pan e auga, compañía e agarimo, abrigo e comprensión. Gracias, Señor, porque Elena tiña moito para dar e deuno todo para poder estar contigo, como dixo Machado, lixeira de equipaxe terrenal, pero cun inmenso fardelo de boas obras, e coa alma chea de paz. Gracias, Señor, por Elena, que xa descansa en ti.