Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ego ou legado

miércoles, 25 de enero de 2017
Esta semana atópome cunha mensaxe de Pepe Mujica reclamando tomar en serio o cambio climático e a necesidade de actuar fronte a un fenómeno planetario que medra a pasos de xigante. No día a día notamos este cambio: non é normal o inverno que estamos a ter nin o outono tan suave que vivimos. Antes os outonos traían frío e chuvia para anunciar un inverno no que a xeada e a neve viñan a cubrir días curtos e longas noites ao carón do lume. Agora semella que non hai estacións e que o tempo é un rebumbio imprevisible que nos obriga a manexar un armario en continuo entretempo.

Manuel María ten, nese evanxeo que é o “Terra Chá”, un precioso poema no que describe perfectamente cada estación e as labores labregas típicas da mesma. Este poema debería ser atemporal máis alá dos avances tecnolóxicos producidos no agro pero o cambio climático está a punto de mudar unha tradición fundamentada na natureza. Isto é o que nos quere explicar Mujica no seu vídeo totalmente claro e explícito. Tal é como el afirma o planeta está sufrindo unha agresión por parte dun Norte egoísta que condena ao Sur a un fracaso orquestrado polo agresivo desenvolvemento industrial que só ten en conta un estúpido carpe diem sen perspectiva histórica e moito menos antropolóxica. Este capitalismo agresor disfrazado de valores democráticos impídenos pensar no que fomos, investigar de onde vimos e decidir a onde queremos ir e a onde non. Disfrazado, tamén, de paternalismo decide por nós unha deriva colectiva que non se sabe a onde nos leva.

Pódese negar o cambio climático igual que se pode dicir que a noite é día ou que é torto o dereito pero a realidade é implacable e persiste fronte ás efémeras teorías dos seus protagonistas. É indiscutible que este non está a ser un inverno normal. É indiscutible que falta auga cando sempre fomos ricos en auga, un exemplo é o nivel dos encoros nunha época que deberían estar practicamente cheos. Lembremos anos nos que tiñan que abrir as comportas por exceso de caudal. Un problema que parece que nunca iamos ter achégase a nós, é posible que falte auga e isto quere dicir que o estamos facendo moi mal.

Fala Mujica de hipernacionalismos conspiradores e faime lembrar a José Mario Branco cando falaba en broma do internacionalismo monetario do FMI. En todo caso a solución de Mujica de fortalecer a solidariedade internacional fronte a ese hipernacionalismo parece axeitada mais atópase cunha gran barrreira que é a posición ideolóxica da UE e dos Estados Unidos. Ao final os pobos elixen o seu futuro e mesmo poden elixir non ter futuro alimentando un ego sen a máis mínima perspectiva... cousas da vida...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania