O próximo venres 27 de xaneiro Guitiriz e Os Vilares serán un concello e unha parroquia de mulleres. María Xosé Silvar, Sés; Tereixa Novo (Fuxan os Ventos), a cantautora Sandra Tenreiro e Arantxa Álvarez, cantante da orquestra Satélites; participarán no acto da entrega do Premio Trapeira de Honra 2017 á centenaria Asunción Lobeiras Díaz "Asunción dos Ares" na Casa Habanera de Guitiriz a partir das oito do serán.
No acto, presentado por Pastora Veres, participarán tamén mulleres poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. Así, converterase nunha homenaxe a miles mulleres tan ben representadas por Asunción e coa presenza de destacadas mulleres comprometidas coa sociedade artistas de fama e admiradas que serán as que o venres 27 renderán esa merecida homenaxe a Asunción.

A cuarta edición do premio, concedido anteriormente a Diaz Castro, Romaría Labrega da Chaira e ao músico Pepe de Cristos, vai camiño de afianzarse e consolidarse como un recoñecemento ao premiado pero tamén por extensión, a aquelas persoas ás que simbolizan colectivamente, como foi o pasado ano a músicos doutros tempos e neste ano ás mueres anonimas do rural.
Unha participación de luxo para un premio que a Asociación Sociocultural Lareira de soños traballa por asentar.