Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despilfarro e aforro

martes, 13 de marzo de 2007
Falando de enerxía, os conceptos de despilfarro e aforro úsanse profusamente e de xeito complementario. Quer dicir que os dous nos afectan porque se nun podemos conter gastos, no outro podemos contribuir a reducilos drásticamente.

Calcúlase nun dez por cento o derroche que os fogares galegos fan en enerxía eléctrica, tanto en aparatos obsoletos como en luces encendidas sen necesidade ou calefaccións a temperaturas demasiado elevadas.

Este derroche elévase ó vinte por cento cando se trata de empresas, sendo de máis difícil cuantificación cando se trata de institucións oficiais. Pero o que sí é seguro é que existe un importante despilfarro inconsciente no noso vivir diario, derrochando o que todos pagamos a precios demasiado elevados.

Por outra parte, poderiamos aforrar aínda dentro dun consumo normal adoptando determinadas innovacións técnicas, das que a máis importante é substituir as bombillas existentes por outras de baixo consumo co que o gasto pode reducirse ata nun 65%., cuantificándose en 50 € por ano e domicilio.

Estamos a cotío queixándonos do precio da enerxía, especialmente do que a sociedade soporta colectivamente. Cando as nosas autoridades asuman en serio estes costes e informen axeitadamente das posibilidades de aforro, todos sairemos gañando mesmo particularmente de xeito notable
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES