Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (4)

miércoles, 18 de enero de 2017
1. Rituais
Arnold Rose sinala que os rituais caracterizanse polos seguintes trazos: posúen unha regularidade e periodicidade ao estar ligados a certas festas; teñen un significado para un bo número de persoas; adoitan amosarse dun xeito dramático; e ocasionan “consensus” de sentimentos mediante unha experiencia participativa (1). O rito é un universal cultural presente en todas as culturas. É inseparable de momentos importantes no ciclo da vida e e vai acompañado de danza, canto, música, percusión, bandeiras, cor…; tamén, mostra analoxías, metáforas e polaridades, que trata de superar… (2).

1.1. Os Rituais Colectivos
1.1.1. A Celebración da novena mariana

Nove días denantes da conmemoración mariana lévase a cabo unha novena, que vai a ser predicada por un crego, pertencente ás dioceses de Mondoñedo-Ferrol ou de Lugo (3).

A este evento adoitan acudir devotos non só da comunidade parroquial de Saavedra, senón tamén doutras comunidades da Chaira, mesmo de Lugo capital. Estes son partícipes dos seguintes actos:

Rezo do Santo Rosario e celebración da Santa Misa. Por la señal de la Santa Cruz…, Señor mío Jesucristo… Oración preparatoria para todos os días da Novena. Consideración do día correspondente. Meditación en cada día da Novena: “dia primero. De la Virgen María en los postreros años de su vida mortal; dia segundo. De cómo fue anunciada a María Santísima la hora de su próxima muerte; dia tercero. Del tránsito felicísimo de Nuestra Señora; dia cuarto. De cómo dieron los apóstoles sepultura al santo cadáver de la Virgen María; dia quinto. De la resurrección gloriosa de María al día tercero; día sexto. De la entrada triunfal de María en la Gloria; día séptimo. De la coronación de María como emperatriz de cielos y tierra por mano de la beatísima Trinidad; día octavo. Del gran valimiento de María ante Dios a favor de los hombres; día noveno. Cual sea la verdadera devoción que debemos profesar a la Madre de Dios (4)”. Oración final para todos os días da Novena.

A celebración deste ritual amosa algunhas peculiaridades que é mester salientar: participa nel un número importante de fieis, superior ao que asiste habitualmente aos normais cultos parroquiais; a razón deste feito radica en que ao ser unha festividade, que se conmemora unha vez ao ano, desperta intérese a solemnidade con que se realizan os seus actos. Asi mesmo desperta sentimentos, lembranzas e vivencias relixiosas moi arraigadas. Tamén, constitue unha oportunidade para revitalizar o culto (5).

1.1.2. As Misas. Oficio e concelebración.
O día 24 de maio, festividade da Virxe dos Milagres, tanto algúns cregos da comarca chairega como da cidade de Lugo, ofician misas desde as 7 da mañá ata ás 13, 30 horas da tarde, momento no se leva a cabo a concelebración da misa solemne, na que adoitan participar varios cregos dámbalas dúas diócesis (Lugo e Mondoñedo-Ferrol). Logo, seguense oficiando misas dende as 18 horas da tarde ata as 21 horas ámbas as dúas inclusive. Dependendo das datas, hai anos que se ofician misas, aínda que en menor número, tanto o día anterior como o posterior, e mesmo os domingos seguintes.


En todos os casos a asistencia a eucaristía pode complementarse co sacramento da confesión e comuñón.
O resto do ano acoden devotos ofrecidos á misa que se oficia os domingos ás 12 ou 12,30 horas.

1.1.3. A Procesión
Rematada a misa maior, que se celebra ás 13,30 horas, os romeiros participan na procesión, que dá unha volta ao redor do santuario. Nalgúns recintos sagrados de Quiroga (6), Pantón (7), Sober…a procesión realízase denantes da concelebración da misa maior. A orde da mesma é a seguinte: cruz parroquial e pendón das fillas de María, levados polos fregueses de Saavedra; imaxe da Virxe dos Milagres, tamén levada en andas por veciños da freguesía de maneira preferente; por último, clero e fieis en xeral sen distinción de idade ou sexo. Algún ofrecido pode participar na procesión situándose cabo da imaxe da Virxe. Así o fixo unha muller co seu fillo pequeno no ano 2005, xunto con outros que levaban velas acesas da altura da persoa ou exvotos de cera. No ano 2014, participou na procesión o bispo da diócese de Mondoñedo- O Ferrol, D. Manuel Sánchez Monje, que ía acompañado dunha ducia de cregos, pertencentes as dúas dióceses da provincia (Lugo e Mondoñedo-O Ferrol).

A procesión é sen dúbida algunha a manifestación relixiosa multitudinaria maís chamativa. É onde todos os asistentes se manifestan nun camiñar e contemplan con ánimo devoto e recollido o paso da imaxe, mentres os foguetes atronan o aire cos seus estalos e a música eche de armonía o espazo con agradables marchas.


NOTAS:
1. “Rituais”, en Antropológica. Instituto de Antropología de Barcelona, nº 6, 1977, páx. 99.
2. LISÓN TOLOSANA, Carmelo.: “Rito, funciones y significado”, en Música oral del Sur. Música hispana y ritual, nº 9, Junta de Andalucía, 2012, páxs. 22-28.
3. Da diócese de Lugo participaron nestes últimos anos D. José Lebón (coengo), D. Manuel Castro Gay (coengo), D. José Molejón Rañón (coengo), D. Daniel García …
4. DÍAZ TEIJEIRO, José.: Recuerdo del Santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Saavedra (Lugo), Santiago: El Eco Franciscano, 1971. páxs. 20-37.
5. ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La Religiosidad popular. Madrid: B.A.C. , 1981, páx. 7.
6. BLANCO PRADO, José Manuel. e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel.: “La devoción popular en el Santuario de la Ermida (Quiroga)”, en Lucus. Boletín Informativo da Deputación de Lugo, nº 42, 1994, páxs. 35-37.
7. BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial , 1996, páx. 134.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania