Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ruleta rusa

lunes, 12 de marzo de 2007
Algúns dos nosos rapaces, pola noite, en descampados, axudados polo alcohol ou outras sustancias, xogan á ruleta rusa rematando a diversión ás veces de forma tráxica.

A ruleta rusa foi estrano divertimento entre determinada mocedade dun tempo que esmorecía. A literatura magnificou este penoso xeito de divertirse os que non contemplaban mellores posibilidades vitais que a da consecución da evasión definitiva .

Os mozos de hoxe non xogan con pistola dunha soa bala senón que empregan coches potentes, rodéanse de amigos que os animen, atibórranse de combustibles máis potentes ca os dos vehículos e buscan un polígono industrial onde poder xogar coa morte.

Xogadores deste tremendo xogo son tamén os rapaces que manexando minúscula motocicleta soñan polas rúas de calquera cidade a ser campións de milleiros de centímetros cúbicos mentras levan quentiña unha pizza catro queixos ó seu destinatario.

¿Tan mal está a nosa sociedade que non permite que ós nosos rapaces se lles manteña activo o animal instinto de conservación?.

Cada vez – e cada día son miles- que un rapaz galego xoga a esta nova e motorizada ruleta rusa, algo civilizado morre no noso interior. E algo animal tamén, porque a ningún animal se lle ocorre suicidarse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania