Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tesouros que recuncan na auga

miércoles, 18 de enero de 2017
Dende que se construíu o embalse de Belesar, a falla de auga sabe a nostalxia, ao deixar ao descuberto a vella vida dos pobos anegados. Como teño dito noutras ocasións, non só foi Portomarín, senón que entre Chantada e Portomarín desapareceron moitos pobos a mans do feudalismo eléctrico que diría Don Ramón. Entón, cando falta a auga os camiños da saudade abren o paso dunha memoria fonda que se nega a esquecer... a desaparecer para sempre...

A memoria teimuda que volta e volta ata demostrarnos que é un ben prezado que respira historia e exhala cultura para doarnos nada menos que un medio de vida. Historia e cultura son os dous piares fundamentais da economía desta vila miñota que nos últimos anos viu reducida a súa dependencia do sector primario.

É un acto de xustiza que un pobo que sufriu o trauma antes citado atope ,no curso da historia, un avesío que poida transubstanciarse en pan. Daquela os pobos ribeiraos e xacobeos tivemos a compensación dunha gran fonte que temos que saber aproveitar, administrar e legar á vindeira xeración

Temos moito que ofrecer, unha riqueza perenne para transformar en benestar. Este benestar non só é hostelería (que é fundamental), senon que tamén abrangue o feito de recoller a nosa historia, unha historia viva que latexa día a día nas rúas de Portomarín. Todos somos quen de contar esta historia e todos podemos erguer este estandarte a xeito de pan común.

Que o anegado agrome en porvir é un milagre humano tecido comunitariamente que, comunitariamente, temos que saber manter.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES