Estaremos criando corvos?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de enero de 2017
Acabamos de pasa-las festas nadalencas, non fai moito.
Unha festa de orixe moi antiga.
Para os crentes, unha festa en torno ó Nacemento do Neno Deus que deu lugar a todo un entramado de consumismo e materialismo que parece non ter límites nin nada que ver coa súa orixe.
Noutros tempos o núcleo estaba no Portal de Belén: cantábanse panxoliñas e se había- comíase diferente.
Hoxe en día o núcleo está nos regalos, no consumismo, no materialismo e tamén no hedonismo.
Os nenos teñen tantos que xa non fan máis que abrilos e pasar a outra cousa.
Certamente que tódolos nenos precisan xoguetes e faise o que sexa para que non lles falten.
Pero
¿NON PRECISAN VALORES?
¿Non?
¿Ou si?
Parécenos que si pero:
¿OFRECÉMOSLLOS?
¿
.?
¿Insistimos a tempo e a destempo para que adquiran valores culturais, éticos, morais, espirituais e relixiosos?
¿Cantos libros regalamos?
¿
..?
¿Qué tipo de libros?
¿
?
.
¿Canto tempo dedicamos a darlles boas normas de urbanidade e hixiene mental?
¿
?
¿Cantas veces lles explicamos os valores morais que corresponde á súa idade?
¿
.?
¿Dámoslles exemplos de relixiosidade ou ignorámolos dicindo que eso eran cusas doutros tempos remotos?
¿
.?
Cando falamos do clero:
¿Qué mensaxe lles estamos dando?
¿
.?
¿Falámoslles da importancia de teren unha familia e os deberes que teñen para con cada un dos seus membros?
¿
.?
¿Dámoslle a importancia que ten o labor do profesorado ou desprestixiámolo incluso diante da infancia?
¿
.?
E cando falamos de política.
¿Falamos só de corrupción ou de que os corruptos son minoría e de que tamén hai políticos honrados?
¿
.?
Cando falamos do vecindario:
¿Valoramos as súas cualidades positivas ou recalcamos o negativo?
¿
.?
Penso que non estaría de máis que controláramos algo máis o que dicimos, porque aínda que a lingua non teña cancelas, non estaría de máis poñerllas de vez en cando.
POÑER CANCELAS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo que deixa colaborado co seu bo proceder para a educación da infancia, na que descansa o futuro.
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora