Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En pleno inverno!

lunes, 16 de enero de 2017
Non sei se non teremos que empezar a darlle a razón ós vellos: que se acaba o mundo. As reservas de auga dos encoros galegos están xa por debaixo do 50%. En pleno inverno! Acábase o mundo e non hai remedio! Logo, para máis aquel, din que a partir de mañá, martes, volven as fortes xeadas, é dicir, que a pouquiña auga que hai, vaise conxelar. Alá vai o burro coas noces! Paréceme a min que, ou falamos cos curas para que monten procesións pedindo que chova ou rezamos todos para que chegue axiña o mes de abril. Por aquilo de... en abril, augas mil. A ver se é verdade. Se non, estamos perdidos. Non chegamos nin o verán; mortiños de sede. É certo, dentro duns días axiña exclamaremos: que escampe, por Deus! Mentres, hai que empezar a aforrar auga. En pleno inverno!

Hai mozos que aínda son ben inocentiños. Fan falcatruadas e cólganas nas redes sociais. Como se a policía fora parva. Deben ver moitas películas e, claro, nestas, a policía sempre chega tarde. Na realidade é ben espelida! A un ciclista multárono e este, de paspán, non vai poñer insultos a darlle cun sacho nas redes sociais. Normal, agora está á espera de que lle caia outra multa máis polos improperios. Inocente! Dous lugueses rouban un bolso e soben á Internet fotos do botín. Detivéronos. Hai que ser pamemiños!

En todas as partes cocen fabas. Non só en España. Alemaña, con todo o que significa Alemaña, tamén ten as súas cousiñas. En Hamburgo inauguraron un espectacular auditorio que levou dez anos construílo e que en custos pasou de 75 millóns de euros a 789 millóns. Aí é nada. En Alemaña!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania