Ninguén vale o que vale Valle
Editorial - viernes, 09 de marzo de 2007
Cando ó comezo dos anos setenta se descubriu o inédito en libro La cara de Dios de Valle-Inclán, que se publicara en folletón, a sociedade galega aceptouno como un agasallo do xenial escritor do que se afirmaba que Nadie vale lo que vale Valle.
Cada ano, polo día do libro, os escritores residentes na capital do estado homenaxean a Valle na súa estatua das inmediacións da Cibeles colocándolle unha bufanda que lle abrigue con agarimo de la os férreos perfís que o caricaturizan e o representan.
Algo así se ven de facer en Compostela na súa estatua da Alameda, por parte da Fundación Granell, dentro dunha homenaxe ó valioso escritor.
E cando sale Valle a relucir sale tamén o seu problema: A súa obra non pode ser traducida ó galego ( si a calquera outro idioma do mundo) porque a súa familia non deixa.
Aínda que a familia non teña especiais razóns para ser agradecida a Galicia, xa son gañas de fastidiar e máis se temos en conta que dentro de poucos anos os seus dereitos caducan e todos nós seremos como pobo donos absolutos da súa obra.
Erre que erre. Visto está que ninguén vale o que vale Valle. Nin siquiera a súa familia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora