Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mounier e o Personalismo (I)

viernes, 01 de marzo de 2002
Sempre que comeza un século, e agora estamos a facelo, xorden por donquer adiviñadores e tarabeleiros que describen o porvir, que arríchanse e ousan predicir que vai suceder, como van ser as cousas no futuro. E así, xa nos teñen contado como vai ser a economía do século XXI, o transporte no século XXI, o ensino no século XXI ou mesmo a alimentación. Non caeremos nós na mesma trapela tratando de perfilar como será o pensamento neste século. Sobre todo, porque o pensamento deste século será aquel que fagamos as persoas que nel vivimos. A liberdade das persoas fai que sexa atrevemento infame, doloso, atávico e absurdo tratar de afirmar como serán as cousas. As cousas serán como queiramos. Tamén o pensamento. Pero o que si podemos tratar é de, en vistas de como é a realidade, tratar de facer xa unha proposta dun tipo de filosofía que cremos moitos de máxima vixencia, urxencia e pertinencia para o novo século: o personalismo.
Domínguez Prieto, Xosé Manuel
Domínguez Prieto, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES