Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cadaquén é libre?

jueves, 12 de enero de 2017
A liberdade é unha das cousas que máis desexa o ser humano ó longo de toda a súa vida por moi lonxeva que esta sexa.
¿Certo?
Pero a liberdade tamén ten uns límites.
No caso que nos ocupa: “a espiritualidade”, os límites establéceos cada persoa; e como todas somos diferentes; cadaquén é moi libre de vivila á súa maneira.

Nos mundos que corremos existen persoas cunha formación moral, ética e espiritual moi elevadas.
Trátase de persoas íntegras que dá moito gusto estar con elas, telas como amigas, como compañeiras…
SON PERSOAS DIGNAS DE TODA CONFIANZA.

E son así porque naceron e máis porque se formaron daquela maneira, con aquela disciplina, con aquela rectitude moral e a veces tamén relixiosa.
En certa medida –noutros tempos- educábannos según un modelo máis ou menos estandarizado.
(……)

Andando o tempo, a vida e os costumes cambiaron moito.
A vida está cambiando tódolos días.
Eso salta á vista.

HOXE EN DÍA EXISTEN FAMILIAS DE TÓDALAS IDEOLOXÍAS, DE CREDOS DIFERENTES OU SEN NINGÚN.

CADAQUÉN É LIBRE, OU ESO PENSA:
-Hai quen pide bautizar na Igrexa Católica a súa descendencia.
-Hai quen celebra un “bautismo civil”• (Eu non sei como é eso; pero teño oído que hai quen si)
-Hai quen non bautiza.
-Hai quen lle dá unha formación relixiosa.
-Hai quen non lle dá outra.
-Hai quen non lle dá ningunha. Espera a que se faga maior e que decida…
-Hai quen elixe ética.
-Hai quen pide educación para a ciudadanía.
-Hai quen se casa pola Igrexa Católica.
-Hai quen se casa polo xulgado.
-Ata hai que se casa “polo banco”.
-Hai quen vai por libre…

En fin… “CADAQUÉN FAI A SÚA VIDA Á CARTA”.

¿A vostede que lle parece todo esto?

A min paréceme que a liberdade é un valor de extraordinaria importancia sempre en cando se saiba usar adecuadamente.
Paréceme que temos liberdade para elixir entre as diferentes posibilidades recomendables según as normas establecidas.
¿Certo?

Por outra banda, toda sociedade está obrigada a cumprir unhas normas básicas de convivencia.
¿Certo, tamén?

Daquela:
¿Qué tipo de sociedade estamos formando se non lle damos ninguna formación?
(Parémonos a pensalo uns instantes..)

¿Non correremos o risco de que teñamos que solicitar licencia de armas para andar pola rúa?
(Nalgúns países xa está pasando…)

A min dáme que pensar noticias como estas:
-Que una rapaz en idade escolar lle dea un navallazo a outro.
-Que un pai viole a unha filla.
-Que o compañeiro da súa nai teña relación sexuais coa filla desta.
-Que un violador abuse dunha criatura de tenra idade.
-Que o compañeiro se deite coa nai da parella.
-Que a adolescencia e a xuventude poida ter tantas noites locas como queira, porque todo o soluciona alegremente coa pastilla do día seguinte.
¿QUE QUERE QUE LLE DIGA?
A MIN DANME MOITO QUE PENSAR CERTAS COUSAS…
……….
QUE COSUAS ASÍ SE CONSIDEREN NORMAIS:
EU NUNCA TAL VIN NIN OÍN NOS ANOS QUE LEVO VIVIDOS.
¿Será porque son anticuada?

Que haxa quen diga:
“Hoxe eso está á orde do día…. E non pasa nada”

A MIN ESO NON NON ME CABE NA CABEZA.
¿A vostede, si?
¿Estarei eu en Babia?

RESUMINDO:
Eu chego á conclusión de que se aceptamos como normais cousas así e peores:
¿Cara a onde imos?
¿……?

¿En que lugar deixamos a dignidade humana?
¿……?
¿En que medida colaboramos para que as persoas sexan felices?
¿……?
¿É ese o futuro que desexamos para a nosa descendencia?
¿……?

Andando o tempo:
¿Cómo tratarán ós seus fillos?
¿……?
¿E como nos tratarán a nós na nosa ancianidade?
¿……?

¿ESTAREMOS CRIANDO CORVOS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES