Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 11 de enero de 2017
Libros da biblioteca

Lisardo Estrujado Estrume espertou da sesta e díxolle á súa dona que tiña que ir buscar libros á biblioteca. Esta apuntouse á viaxe, así coma un dos fillos da parella. Foron no autobús porque tiñan libre toda a tarde. E se non fora polo fillo, seguro que ían andando. Pero foron no autobús. Lisardo baixouse dúas paradas antes ca eles, porque estes tiñan intención de dar unha volta polos comercios. Así é que o homiño achegouse á biblioteca, e xa no estante das novidades atopou dous libros. Como ía coa intención de pillar Pingas de Orballooutro máis, Lisardo Estrujado Estrume botou man da lista que levaba e axiña deu co terceiro. É dicir, que nun chiscar de ollo saíu xa da biblioteca. Aínda que se por el fora, tirábase alí boa parte da tarde. Só que fose para mirar os bordos e as portadas dos libros. Cando Lisardo deu coa muller e o rapaz, volveron coller o autobús. Polo rapaz. Que se por eles fora, irían andando.

A meniña dos seus ollos

Ninguén sabía que Eliseo Patrás Subirás estaba acochado no canastro da aira. Pero alí se metía todos os días á tardiña, media hora antes de que empezase o rosario na igrexa parroquial de Baños de Molgas. Eliseo Patrás Subirás encerrábase no canastro tan só para espiar á meniña dos seus ollos. A meniña dos seus ollos chámase Ludivina Barronca Empinada. Pero como é dunha familia "bien", non lle queda outra que contemplala e vela pasar. Era o que facía todas as tardes. Porque Ludivina Barronca Empinada ía todas as tardes ó rosario. E que non fose! Xa a súa nai, co beata que era, se encargaría de botarlle un bo sermón. Eliseo Patrás, cando a vía por entre os barrotes, empezaba a babexar de tal maneira que ata os ollos se lle enchían de auga. El mesmo sabía que non podía facer nada, que a meniña dos seus ollos era inalcanzable. Diferenza de clases, adoitaba dicirlle a quen o quixera escoitar. Case ninguén. Porque todos sabían que Ludivina Barronca non sería para ninguén da vila.

A primeira que quedaría no pasado

Á pesar de durmir ben ou incluso moi ben pola mañá, Gabriel Sarallo Garmendia tivo que botar a sesta; un pouco porque é costume que ten (cando pode, claro) e o outro pouco por matar a tarde. A tarde era unha tarde dominical e, para máis aquel, de ano novo; o que significaba estar practicamente todo o tempo na casa, xa que a maioría das cafetarías non abrían. Lémbrese que as resacas da noitevella adoitan ser de moito pendello. Logo da sesta, púxose a ler durante un tempiño, pero non tardou en tentalo de novo o sono. Pingas de OrballoA verdade é que ler deitados é unha auténtica tentación para que os llos vaian dicindo: basta! A Gabriel Sarallo ocorréuselle entón largar a ver a parte da súa familia e así tamén felicitarlles o ano. Falou coa súa dona Lucrecia Sálvora Salvada e alá marcharon andando. Soubo entón de verdade que entre ida, parolas e volta, a tarde do primeiro de xaneiro sería a primeira do 2017 que quedaría xa no pasado.

Buscar niños á Pillamadoira

Pasa o río Arnoia, calmo, por debaixo da ponte vella e Salustiano Salud Sanado contempla os amieiros da marxe dereita e soña con aquelas tardes nas que buscaba niños na Pillamadoira. Moi pouquiñas veces. Porque a súa nai non o deixaba "andar de can" e porque, tamén, o traballo agrícola e gandeiro non llo permitía. Aínda que era neno, con tal de que puidese cun sacho xa chegaba. Calquera neno labrego que puidese cun sachou ou cunha aixada ou cunha fouce xa a tiña clara, é dicir, unha vida escura de traballo e, por que non, de miseria. Agora Salustiano Salud Sanado deixa escapar un sorriso; pero sabe que na súa infancia o que escapaba dos seus ollos eran bágoas de impotencia. Impotencia ó ver como outros nenos saían correndo para buscar niños pola, por exemplo, Pillamadoira. Salustiano observa a ponte vella e pensa nas veces que cruzou por ela para ir segar o centeo a Tallós. Era o traballo que máis odiaba: a seitura.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES