Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verquidos controlados e incontrolados

jueves, 08 de marzo de 2007
O máis doado, sempre, é deixar escorrer o líquido que sobre ó regato que quede máis perto... Este, levaráo ó río. E a rede de ríos ó mar. Así, desde o comezo da vida en Galicia.

E nada pareceu pasar en tanto a vida se desenvolveu nunhas canles compatibles coa natureza ou nuns volumes que esa mesma natureza se ocupaba de neutralizar pola natural capacidade de depuración.

Pero as actividades humanas complicáronse, fixéronse máis complexas incorporando productos químicos, deixando escorrer como fórmula máis doada os resultados de procesos cada vez máis voraces, e a natureza non pode soportar tanto lixo, tanta sustancia tóxica.

En Galicia hai 4.950 puntos de verquidos nos ríos, algo máis do dez por cento ilegais. Só na corrente máis importante, no Miño, existen 1.626 verquidos.

As correntes fluviais parecen depurar todo o que reciben sexa xurro de explotacións gandeiras, residuos orgánicos das poboacións inmediatas, productos non desexados de procesos industriais... Pero non é así. Cada elemento nocivo que chega ó río queda inmediatamente detectado, asumido, e a natureza reacciona contra el.

A Consellería de Medio Ambiente contabiliza os verquidos e anuncia medidas decisivas para a eliminación dos incontrolados e control dos autorizados para evitar que salla máis barato contaminar pagando que ser respectuosos coa Lei.

Os verquidos sen control son navalladas contra nós mesmos, clarísimo exemplo de suicidio colectivo contra o que todos temos que loitar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania