Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do noso arquivo

Fernández, Suso - miércoles, 11 de enero de 2017
Nomes propios,I: Staffan Mörling
Primavera de 1993. A celebración das I Xornadas Históricas e Arqueolóxicas de Foz congregou, durante dous fins de semana, a mais dun cento de persoas, chegadas de diversos puntos de Galicia, e de fora dela , o que proporcionou un inusual ambiente de especial animación, espertan a curiosidade daqueles que se mantiñan á marxe da existencia do evento.

A personalidade diferenciada de un dos asistentes ó mesmo; a súa presenza distinguida; a pulcritude dos modais e algunhas intervenciós eruditas nos coloquios, realizadas con exquista corrección e cortesía,fixeron de él centro de atención de boa parte dos participantes nas Xornadas.O talante comuncativo, a modestia e simpatía, permitíronnos a aproximación á persoa e compartir horas de grato faladoiro, nos que o seus coñecementos e discursos inferían un especial interese.

Staffan Mörling é o nome do noso persoeiro: sueco, casado coa galega da illa de Ons, Xosefa; licenciado en Atropoloxía Cultural, Historia da Arte e Latín, así como profesor de Inglés na Escola Naval Militar de Marín. A admiración e o amor a esta terra levárono a investigar sobre diversos aspectos da súa historia e da súa cultura.

Autor do libro “As embarcacións tradicionais de Galicia” afanábase entón na realización de senllos traballos sobre as estructuras do poder tradicional no rural galego; estudo conducente a explicar as causas polas que en Galicia non se plasmaseun nacionalismo con peso político. E por outra parte, a análise de “O cantar do Mariscal” ou “Canto da Frouseira”, para saber de qué tipo de canción se trata e en qué contexto nace unha canción así.Escrita en estrofas de catro versos, revela que é unha das que se cantaban en feiras e mercados, de forma historiada.”A mín chaman Tornamira,señora de gran tesouro, din dous dos seus versos; o que se relaciona coa lenda , según a cal existe na Frouseira un tesouro oculto.

Cando os asistentes realizaron a visita á Frouseira o Sr. Mörling sorprendeo a todos: da bolsa de deportes que portaba sacou unha gaita galega e, con grande maestría, lanzou ó ár as notas da Alborada de Veiga. “A Frouseira – nos diría- fai sentir a historia e reflexionar sobre Galicia”.

O noso persoeiro viaxa sempre en tren o que lle permite, según nos informou, observar a paisaxe,falar coas xentes e dar boa conta do espléndido xantar que para as viaxes prepara Xosefa, a súa dona.

Na estación do FEVE, mentres esperábamos o tren, escoitamos a súa opinión sobre as Xornadas: “Moi brillantes e de altísimo nivel, polo que axudarán a coñecer a realidade histórica de Galicia e tamén a divulgar o mito e o símbolo de identidade galega que crearon eses distinguidos scritores e poetas do S.XIX e princpios do XX. Porque, aínda que non sempre deron coa realidade histórica de Pardo de Cela que coñecemos hoxe, a través dasi nvestigacións sobrepostas, o seu propósito era serio e recordaron a Galicia.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES